Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros

O vindeiro mércores, martes 2 de decembro, poñerá o seu punto e final o curso de Monitor de Fútbol Base que se veu desenvolvendo desde o pasado mes de outubro en Santa Comba, con 15 novos titulados, aos que o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, fará entrega dos diplomas e carnets que lles acreditan como novos técnicos titulados, dos que se aproveitarán os equipos da zona de Santa Comba, Esteiro, Outes, Ponteceso, Negreira e Dubra, de onde son os inscritos neste curso que finaliza.

Manuel Mosquera estará acompañado neste acto de entrega de diplomas ás 20:00h polo alcalde da localidade xalleira, José Antonio Ucha; o delegado da Escola Galega, Manuel Corredoira, e profesores que deron clase no curso, como José Manuel Vázquez, "Huelvis".

Presentación do curso de adestradores en Muros

E si finaliza un, xa está convocado outro, pois Muros toma a substitución de Santa Comba e, a partir de febreiro, desenvolverase o 5º curso de monitor na zona da Costa, tralos dous realizados na capital xalleira, Dumbría, que foi o que iniciou o camiño, e Fisterra.<

O curso foi presentado o pasado martes no salón de plenos do concello muradán, coa asistencia da alcaldesa de Muros; o concelleiro de Deportes; o director da Escola Galega; o presidente de Vos Miudos, Vinto, auténtico artífice da realización deste curso en Muros.

Espérase unha gran inscrición de aspirantes a novos técnicos, pois entre Muros, Esteiro, Carnota, Lira, Louro e ata a zona de Outes, aínda que xa moitos desta localidade realizaron os cursos noutras convocatorias, son moitos os que xa lle fixeron saber ao presidente de Vos Miudos a súa intención de asistir ao mesmo.

8 cursos na zona e 150 titulados

Desde que se iniciaron os cursos na Costa da Morte, son xa oito as convocatorias realizadas, pois aos de Monitor de Fútbol Basee, hai que unir o curso de Nivel 1 que se desenvolveu a tempada pasada en Carballo, e os dous que se están desenvolvendo na presente, nas sedes de Carballo (Nivel 2 con 16 matriculados) e en Baio (UEFA B, con 14 inscritos).

Co curso que se clausura o mércores, onde participaron 14 alumnos, son xa máis de 150 os titulados para esta zona, que adestran nos equipos de fútbol basee da Costa e a cifra de técnicos seguro que irá crecendo aos poucos, pois as inquietudes son cada vez maiores entre os que adestran aos nenos da nosa zona.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).