A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga

Case trescentos ciclistas lograron subir o xa mítico cumio Mirador de Ézaro malia as condicións meteorolóxicas tremendamente adversas. O II Desafío do Atlántico volveu petar, como o ano pasado, co tempo, pero 3 de cada 4 ciclistas loitaron contra vento e marea para convertir esta carreira xa nunha referencia a nivel estatal.
Os participantes convertéronse en auténticos heroes i é que subir as rampas do Ézaro para alcanzar a meta situada no Mirador de Ézaro despois de 116 quilómetros da brega é unha auténtica xesta.

Finalmente o ciclista profesional Delio Fernández foi o que más rápido ascendeu as rampas do Olimpo dos Heroes e levou a Pedra do Brazal, nunha proba que encumbra a Dumbría e a Muxía, á toda Costa da Morte, nun centro ciclista de renome.

Desenvolvemento da proba

400 corredores ateigaban a zona da fervenza para a saída. O tempo respectaba nese momento e as autoridades puideron realizar o tradicional corte de cinta tras escoitar a traca que inauguró a segunda edición. Estiveron presentes José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; Félix Porto, alcalde de Muxía; Manuel Tallón, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Terio Carreira, da Televisión de Galicia; e representantes de Asociación Neria e A Caixa. Por suposto, non faltou o dorsal número un: Miguel Ángel Iglesias.

Ademais do exciclista, a primeira liña formárona a súa muller, Rebeca Triquell; Gustavo César Veloso e Delio Fernández do OFM-Quinta da Lixa portugués; e por segundo ano consecutivo o exciclista profesional Ezequiel Mosquera, o multideportista Víctor Tasende, o humorista Marcos Pereiro e o xornalista corcubionés Fran Hermida.

Os quilómetros iniciais auguraban un bo día e no traxecto ata a localidade de Cee os ciclistas rodaron con tranquilidade. Con todo, a choiva non tardou en facer acto de presenza. Comenzou a chispear e minutos desppois os chubasqueros volvéronse imprescindibles. Aínda que afeitos a estas condicións, as caras de felicidade da Cascada tornaron en xestos de sufrimento cando o terreo empezó a escarparse. A estampa era espléndida co océano Atlántico de fondo.

O primeiro avituallamiento tivo lugar na lonxa de Muxía logo de pasar polo Santuario da Virxe da Barca. Os corredores tiveron tempo para repoñer forzas e secarse un pouco antes de afrontar os 21 km ata a parada no Centro de Atención ao Peregrino de Hospital (Dumbría). Desde ese punto ata o final o grupo estirouse na subida a Paxareiras na contorna do lendario Monte Pindo, xusto antes de chegar ao Mirador de Ézaro.

As temidas rampas do Ézaro

As rampas de asfalto e cemento con porcentaxes de ata o 30% convertéronse nun auténtico goteo de loitadores que apertaron os pedales ao máximo. Puxeron todo do seu parte para non ter que botar pé a terra e conseguir chegar ao final. Cada un deles recibiu unha medalla coa cascada en relevo como premio a un día que recordarán sempre.

O pontevedrés Delio Fernández, do OFM-Quinta da Lixa portugués, logrou o mellor tempo de ascensión: 8 minutos e 39 segundos, superando en case un minuto a Brandan Márquez, do Team Corbelo, que fixo 9 minutos e 27 segundos. No primeiro grupo finalizou también Gustavo César Veloso. Por outra banda, Verónica Montes Villar foi a mellor en categoría feminina con 14 minutos e 52 segundos.
Así mesmo, también hai que destacar que Miguel Ángel Iglesias levou o Premio AS como mellor corredor de fóra de Galicia cunha marca de 14 minutos e 34 segundos.

As impresións dos protagonistas

Delio Fernández se mostró «sorprendido pola afluencia de ciclistas nun percorrido que ademais dá a coñecer recunchos escondidos da paisaxe galega». En canto a Ézaro, subliñou que supón «un reto e todo un logro para aqueles participantes que cruzaron a liña de meta». Por último, fixo mención á dureza: «Si o terreo xa era escarpado, a choiva e o vento fixo que o Desafío fose épico e para grandes campións».

Outro dos “finisher”, o multideportista Víctor Tasende aseguró que «a palabra Desafío se quedou curta este ano». Así mesmo afirmó que «si non chove parece que non é Dumbría» e felicitó á organización por «o seu bo facer, sobre todo en temas mecánicos». Despois de terminar un Ironman fai dúas semanas dixo que, malia ser o Desafío unha marcha ciclista, «coa granizada en plena subida ao Ézaro o esforzo non foi tan diferente».

Unha vez terminado o evento, comezan xa os preparativos para a terceira edición que se celebrasé en 2015 e na que se espera unha maior afluencia de corredores.

O Desafío na TVG

Rebumbiada no Ézaro

E de premio, pola noite, a Asociación Cultural Rebumbio da Costa armou un concerto nunha carpa situada na zona da Fervenza para que a mocidade e os ciclistas que tivesen algo de forzas aínda, puidesen disfrutar da noite costeira. Aí estivo Leo KCh poñenso os seus versos hiphopeiros ao gusto do consumidor, con repichoca final incluída, sendo a subida de incautos aprendices ao escenario unha simpática escena.

Novas relacionadas

Fonte