Martes. 23.04.2024
El tiempo

Sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico

Sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico
Desafio del Atlantico 2014

Non pasará La Vuelta 2014 pola nosa bisbarra. Pero os amantes das dúas rodas seguirán tendo opcións para disfrutar da beleza das estradas da Costa da Morte. A proba Desafío del Atlántico - Mirador de Ézaro 2014, que está a piques de ser presentada na FITUR este xoves con Perico Delgado, Pequeño e Félix Porto, celebrarase o vindeiro sábado 7 de xuño coa nosa paisaxe como protagonista.

Esta proba xa se sitúa como unha das citas de referencia no calendario español de cicloturismo. O ano pasado eran máis de 300 ciclistas os que desafiaban o mal tempo, e este ano esperan superar esas cifras.

Proba solidaria

Ademais, cabo mencionar que un euro de cada inscripción individual destinarase á restauración do santuario da Virxe da Barca en Muxía, desafortunadamente calcinado por un raio nun dos últimos temporais que azoutaron á costa galega.

Percorrido pola Costa

O Desafío do Atlántico levarase a cabo o sábado 7 de xuño, partindo desde a area branca da praia de Ézaro, no concello de Dumbría. Posteriormente transcorrerá polo concello de Muxía, sempre no incomparable marco da Costa da Morte.
A continuación pasará por Dumbría de novo para chegar ao lendario Monte Pindo no concello de Carnota, un lugar denominado históricamente como O Olimpo celta. Para finalizar, chegarase ao famoso Mirador de Ézaro (1.800 metros ao 14,4%), protagonista da Volta de España nas dúas últimas edicións como final de etapa e punto de paso.

O Mirador do Ézaro será o epicentro dun percorrido que levará aos participantes por unha das zonas máis bonitas de Galicia, onde os cicloturistas poderán revivir as sensacións que tivo o pelotón da Volta cando afrontou o "muro da morte", unha rampa de cemento de 27 por cento de desnivel.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios