A lama volverá ser o gran rival no Duatlón de Reis de Vimianzo

Como chovíu o ano pasado para o Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo. Espera a organización que este domingo 11 de xaneiro de 2015 o tempo non sexa tan cruel e permita que os atletas costeiros poidan disputar unha proba limpa. Veremos porque eles mesmos xa o din: “A lama será o teu maior rival”…

Coma tódolos anos a proba celebrarase na parroquia de Salto, concretamente no lugar de Castromil, onde se ubicará a saída, meta e zona de transición.
A proba, que está collendo gran sona a nivel comarcal e provincial, consiste en facer unha carreira a pe inicial de aproximadamente 6 quilómetros. Despois os deportistas terán que coller as súas bicicletas de montaña para percorrer un total de 21 quilómetros e, finalmente facer outro percorrido a pe de algo máis de 3 quilómetros. O vencedor do ano pasado, Damián Ramos Sánchez (Culleredo) parou o crono en 1 hora, 25 minutos e 03 segundos. En categoría feminina foi Teresa Barreira Salgado (Fene) a campiona, con 1 hora, 50 minutos e 03 segundos.

Este ano os favoritos entre os corredores locais volverán a ser David Calzas, que o ano pasado rematou cuarto despois de pinchar no tramo de bicicleta; e Vicky Fernández, que acadou a segunda posición na pasada edición.

As inscricións xa levan uns días abertas e ollo que van moi rápido. De feito xa están cubertas 111, en pouco máis dun día. Inscríbete xa en www.nortsport.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).