As cores do meu equipo: Sporting Seaia
18 de agosto de 2018 (08:35 h.)
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC.
Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.
As cores do meu equipo: Sporting Seaia
Cando se refundou no 2013 o equipo máis novo da Liga, os seus fundadores Pablo Caamaño e Ramón Carracedo, quixeron recuperar as cores do vello equipo que competía nos anos 70 nas Ligas de Peñas. O que si recuperaron foi o escudo, triangular e cos aros olímpicos, pero a realidade é que erraron na cor.
Ollando as fotos históricas que quedaban polos bares, o branco e negro das mesmas fíxolles pensar que eran de cor azul, e así o aprobaron como cor principal para unhas camisetas que doara a Disco A Vieira. Tempo despois, un vello do lugar contoulles a verdade: aquelas camisetas do mítico equipo das Peñas non eran azuis, eran de cor amarelo, amarelo “poliño”, moi semellantes ás do Mazaricos actual.
Novas relacionadas
- Os porqués das cores dos equipos do Fútbol da Costa.
- SD Ameixenda.
- CD Baio.
- CD Baíñas.
- CD Buño.
- Cabana SD.
- Camariñas C.F..
- S.D. Camelle.
- C.F. Castelo.
- S.D. Castriz.
- U.C. Cee.
- U.D. Cerqueda.
- U.D. Corcubión.
- S.D. Coristanco.
- Corme C.F..
- C.F. Dumbría.
- S.C.D.R. Esteirana.
- S.D. Fisterra.
- S.D. Laxe.
- C.F. Lira.
- S.C.D. Malpica.
- U.D. Montelouro.
- C.D. Muros.
- C.F. Muxía.
- C.D. Nantón.
- Ponteceso S.D.
- C.F. Porteño.
- S.D. San Lorenzo.