As Junior do ACB Costa da Morte miran ao liderato

Caían as maiores do ES Bazarra esta fin de semana en casa ante o Cambre. Unha derrota que deixa ás costeiras na antepenúltima praza, con 2 vitorias e 9 derrotas.
As que alegraron a fin de semana foron as Junior, que se manteñen a tiro de pedra do liderato. Están con 12 puntos, un punto menos que o líder, as Calasancias, pero estas cntan cun partido máis.

2ª División Sénior Feminina, xornada 11

  • Resultado: E.S.BAZARRA, S.L. COSTA DA MORTE – CAMBRE (47-51).
  • Parciais (7-15; 14-13; 9-9; 17-14) (Acumulado: 7-15; 21-28; 30-37; 47-51).
  • E.S.BAZARRA, S.L. COSTA DA MORTE: Lidia, 9 ptos; Sheila, 12 (1 tripla) ptos; Andrea, 3 ptos; Sandra, 10 ptos; Goretti, 5 ptos – quinteto inicial – Yoli, 0 ptos; Lara, 8 ptos.

Partido marcado polo mal primeiro cuarto das de Cee, que perderon de 8 puntos. Sempre foron a remolque no marcador, a pesar de poñerse a 3 puntos en varios momentos do encontro. No último cuarto, 2 técnicas o equipo de Cambre deronlle a opción de tirar 4 tiros libres as de Cee, cun marcador 45-51, a falta de 2 minutos; non aproveitaron dita oportunidade de recortar no marcador e a vitoria foi para o equipo visitante. A derrota veu marcada polo fallo nos tiros libres por parte das de Cee o longo do encontro.

O vindeiro partido será en casa, recibindo ao Basket Coruña o 19-01 ás 17:00h.

2ª División Junior Feminina, xornada 9

  • Resultado: SANTA MARIA DEL MAR – ACB COSTA DA MORTE (39-63).

Partido resolto sin moitos problemas polo equipo de Cee.

O seguinte partido será contra o Cambre, o pechacancelas, en casa, o 18-01 ás 20:00h.

2ª División Cadete masculino, xornada 10

  • Resultado: SANTA MARIA DEL MAR - ACB COSTA DA MORTE (52-56).

Vitoria para o equipo da Costa da Morte na sua visita o equipo coruñés do Sta Mª del Mar.

Vindeira xornada

SABADO, 18: Infantil feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Basquet Coruña Maristas 00 Hora: 16:00 h Pista: Municipal de Cee Cadete feminino: Acb Costa da Morte - Sto Domingo Betanzos Hora: 18:00 h Pista: Municipal de Cee Junior feminino: Acb Costa da Morte - Cambre Hora: 20:00 h Pista: Municipal de Cee DOMINGO,19 Senior masculino: Filloa Jazz - Acb Costa da Morte Hora: 12:00 h Pista: Novo Mesoiro (Coruña) Junior feminino: Calasancias - Acb Costa da Morte Hora: 12:00 h Pista: Calasancias (Coruña) Senior feminino: E.S. Bazarra, S.L. Acb Costa da Morte - Basquet Coruña Maristas Hora: 17:00 h Pista: Municipal de Cee Infantil feminino: Calasancias - Ferroatlántica Acb Costa da Morte Hora: 17:00 h Pista: Calasancias (Coruña) Cadete masculino: Acb Costa da Morte - Salgado Montrove Hora: 19:00 h Pista: Municipal de Cee

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).