Martes. 21.05.2024
El tiempo

Mala fin de semana para a familia do ACB

Mala fin de semana para a familia do ACB
As mozas do ACB escoitando ao mister-Foto-Andrea Chasco Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

6 partidos e 6 derrotas foi o balance da fin de semana para a familia do ACB Costa da Morte.

2ª División Sénior Feminina, xornada 8

  • Resultado: E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - C.B.DO LEA (32-39).
  • Parciais (2-14; 11-2; 9-11; 10-12) (Acumulado: 2-14; 13-16; 22-27; 32-39).
  • E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: Lidia, 3 ptos, Goretti, 2 ptos; Sheila, 2 ptos; Sandra, 7 ptos; Andrea, 0 ptos – quinteto inicial – Fani, 4 ptos (1 tripla); Laura, 0 ptos; Esther, 5 ptos; Andrea Chasco, 7 ptos; Sabela, 2 ptos.

Partido incómodo para o equipo de Cee, por xogar contra un equipo, o de Lea, que defendiu todo o partido en zona. A pesar de todo, as locais foron capaces de limar diferenzas, despois de que o parcial do 1º cuarto dou vida o equipo visitante, que se marchaba de 12 puntos. Nunca chegaron a culminar a remontada, a pesar de poñerse a só 1 punto. A falta de acerto, e a tranquilidade necesaria para facer os ultimos ataques permitiu as lucenses levarse o partido.

4ª División Masculina, xornada 6

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CULLEREDO (36-43).
  • Parciais: (6-15; 11-11; 10-6; 9-11) / (Acumulado: 6-15; 17-26; 27- 32; 36-43).
  • ACB COSTA DA MORTE: Manuel, 11 ptos (1 tripla); Pais, 11 ptos(1 tripla); Lucas, 2 ptos; Tinin, 5 ptos; Sergio, 5 ptos (1 tripla) – quinteto inicial – Mario, 2 ptos.

Un moi bo partido do equipo senior masculino de Acb Costa da Morte ante o segundo clasificado da liga. Os de Cee nunca baixaron os brazos a pesar de que nalgún momento as diferenzas ibanse por riba dos 10 ptos. A falta de acerto nos últimos minutos non lles permitiu acercarse no marcador para alcanzar a sua primeira vitoria e dar a sorpresa da xornada.

2ª División Infantil masculino, xornada 6

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE BASQUET CORUÑA 01 (23-85).
  • Parciais: (6-22; 6-20; 4-26; 7-17) (Acumulado: 6-22; 12-42; 16-68; 23-85).
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carlos, 6 ptos; Anxo, 0 ptos; Luciano, 6 ptos; Fran, 11 ptos; Jorge, 0 ptos – quinteto inicial - Aitor, 0 ptos; Dani, 0 ptos..

Partido no que o Basquet Coruña impuso unha defensa presionante a toda a pista durante todo o partido, aproveitando que tiña 12 xogadores disponibles, e que os rapaces de Cee non foron capaces de superar.

2ª División Infantil Feminina, xornada 6

  • Resultado: SALGADO MONTROVE - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (48-28).
  • Parciais: (17-4; 12-10; 6-7; 13-7) (Acumulado: 17-4; 29-14; 35-21; 48-28)
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: María, 6 ptos; Fátima, 4 ptos; Lucía Ferrol, 16 ptos; Andrea, 2 ptos; Elena, 0 ptos – quinteto inicial – Yaiza, 0 ptos.

Partido no que pouco puideron facer as rapazas de Cee.

2ª División Cadete masculino, xornada 8

  • Resultado: LICEO LA PAZA - ACB COSTA DA MORTE (46-37).

2ª División Cadete feminino, xornada 8

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CARBALLO BASKET (45-48).
  • Parciais: (7-7; 17-9; 9-18; 12-14) (Acumulado: 7-7; 24-16; 33- 34; 45- 48).
  • ACB COSTA DA MORTE: Tania, 12 ptos(1 tripla); María Castro, 12 ptos; Vivi, 5 ptos(1 tripla); María Agulleiro, 4 ptos; Lucía, 8 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Carmen Maria, 4 ptos.

Partido no que as de Cee tan só contaban con 3 cadetes debido as lesións, e que reforzaron 4 infantís. Partido que no descanso parecían ter encarrilado as de casa pero que tralo descanso as rapazas de Carballo foron quen de darlle a volta o resultado. O último cuarto foi emocionante, con alternancias no marcador e onde no último minuto decidiuse a vitoria, que nesta ocasión foi para o equipo de Carballo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios