Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa

Apenas dous clubes da Costa da Morte celebraron unha data tan sinalada como a dos 50 anos do Fútbol da Costa.

Xa a semana pasada, coindicindo co 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa, como nos contaba Xosé María Lema Suárez, o Baio celebraba a data cos seus 16 presidentes. O Decano da Costa, que ademais reabría a exposición polos seus 50 anos nestes días, entregaba, na man dun dos seus xogadores daquel primeiro 11 do 12 de abril do 1964, Pepe de Agosto, unha placa aos seus 16 ex presidentes (Manuel Pérez Maroño, José Manuel Lema de la Iglesia, Jesús Rial Pazo, José Luís López, José Díaz Castro, Santiago Romero Budiño, José Mira Rey, Julio Díaz Rellán, Óscar Lema Sousa, Manuel Gómez Ameijeiras, José Muíño Espasandín, José Ramón Touriñán Chans, José Rodríguez Eiroa, Faustino Espasandín, Jesús Souto García e Diego Díaz Romero), gracias á vontade do propio Lema Suárez, un deles, e mais do clube baiés, comandado agora por un entregado Chema Rey.

Ao Porteño CF tocoull esta semana, e tamén celebrou o 50 aniversario da Liga da Costa, como un dos 6 clubes fundadores que foi (ademais do Cee, Fisterra, Laxe, Ponteceso e o cadro baiés). Foi antes da celebración do choque entre Porteño e Fisterra, cando antigos xogadores do Porteño de todas as épocas se xuntaron para facer unha foto de familia e compartir un churrasco. Alí estiveron Carlos Italia, o mítico porteiro Pepe da Ferrala, o xogador máis lonxevo da Costa pois estivo activo ata os 48 anos, ou o propio Lema Suárez, que tamén vestíu a camisola vermella na temporada 75-76.

Estaremos atentos á publicación do libro que está preparando o propio Lema Suárez e Chema Rey, “CDBaio e os 50 anos de Liga da Costa” que estará a piques de saír.

Novas relacionadas

Artigos futboleiros de Lema Suárez en QPC

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).