Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés

Completísima foi a fin de semana para as familias do baloncesto costeiro de Carballo e Cee. Polo sur da volta, a fin de semana trouxo unha de cal e de area nos equipos do ACB Costa da Morte, pois colleitaron unha gran vitoria na categoría Junior masculino, pero tamén unha gran derrota na infantil femenino.

E se a familia Artai sumou 4 vitorias e igual número de derrotas, esta fin de semana temos que parar un pouco máis na familia do Basket Xiria, que esta fin de semala celebraba por todo o alto os seus #30anosbasketxiria.
Menuda cea baile que montaron os "Amigos do Basket”, que xuntou a 170 persoas, na que houbo sorteos de cesta-baul valorado en 900€, regalos donados por deportes San Remo, camisetas asinadas de Obradoiro Rio Natura Monbus, Leyma Natura Basquet Coruña, Bilbao Basket, Laboral Kutxa e Movistar Estudiantes…
A cea celebrada no Pazo Vilar de Francos (grupo La Penela), foi moi emotiva pola participación de moitos ex xogadores e directivos que durante estos 30 anos defenderon a camiseta verde de Basket Xiria, revivindo vellos recordos con antigo compañeiros.
Na velada q se prolongou ata altas horas, asistiros tamen Patrocinadores (entre outros Luciano Calvo de Conservas Calvo, patrocinador principal) Escola Basket Xiria, entidades deportivas (Sysca, SD Sofan, Basquet Coruña...) e autoridades: Evencio Ferrero (exdirectivo de Xiria) alcalde Carballo e Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes; Jose M. Lopez , alcalde de Laracha; Mariel Padin, vicepresidente da Deputacion da Coruña…

A fin de semana tamén foi histórica en materia deportiva, pois o Carballo Basket Xiria vencía ao Peleteiro, o seu gran rival, e se consolida líder da 2ª División Autonómica.

2ª División

  • Resultado: Basket Carballo - Peleteiro (52-37)
  • Basket Carballo: Roi (14), Luis Gómez (4), Héctor (5), Sergio Tomé (15), Javi Argüelles (5) -equipo inicial- Fran Cristóbal (1), José Tato (5), Juan Fernández, Pablo Moreira (3) e Rubén Pereira.

O partido entre o conxunto carballés, dirixido por Basilio Pampín e o santiagués, foi de gran respecto, con moita tensión pois había moito en xogo. A clave estivo no traballo defensivo. E iso que empezaron con certas carencias no tiro exterior, solventadas e melloradas a medida que pasaban os minutos. A velocidade e a colocación no balance defensivo ante un equipo que ten puntos á contra foron claves, como o dominio no rebote defensivo.


Familia ACB

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ADFRO

Partido aplazado para o 28 de marzo por falta de xogadores do equipo visitante.

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: CE CUME CEE - BASKET CORUÑA 98B (48-41).

Emocionante partido o que se desputou na ultima hora da tarde do sábado no pavillón municipal de Cee. O equipo dirixido por George mediase a un rival directo e o partido, ante un centenar de afeccionados, non defraudou. Mal arranque dos locais, onde só Adrián tiñas as ideas claras mentres que o resto do equipo aínda empezaba a espertar da sesta. Así remataba o primeiro periodo cunha vantaxe para os coruñeses de 5 puntos.

No segundo cuarto, nada cambiou, o equipo coruñés seguía acertado desde a liña de tres puntos e era esta vez Cristian Marcote o que se poñia o equipo ás costas para que a ventaxa non fora a máis.

Despois do descanso os ceenses saíron moito mais concentrados e recuperaron a vantaxe coruñesa xa antes de rematar e o final do periodo cunha defensa enorme onde case non encaixaron canastas. Así, con moitísma intensidade, colleitaron unha enorme vitotia por sete puntos colleitada nun magnífico último e decisivo cuarto.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: ESCOLA BASKET XIRIA - ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE.

O partido tívose que aplazar para outra data aínda por determinar, as malas condicións da pista larachesa, o piso estaba moi esbaradizo e impracticable, o árbitro non tivo máis remedio que decretar a suspension do partido.

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA 01 (21-106)

Partido sen historia onde as pequenas do ACB nada puderon facer ante un equipo moi superior fisicamente e que presionou a toda pista durante todo o encontro, buscando unha amplia vitoria.

2ª División Infantil Masculina

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - SALGADO MONTROVE (33-36)

Dura derrota do infantil masculino no pavillón municipal de Cee. No primeiro horario da tarde do sábado e ante un nutrido grupo de afeccionados viviase un partido emocionante que se acabou decidindo nos últimos minutos gracias o acerto no tiro libre do equipo coruñés. Pese a derrota, gran partido dos pequenos que se quedaron a un paso de levarse a vitoria e se manteñen nos primeiros postos da clasificación.


Familia Artai

1ª División Junior Masculina, xornada 16

  • Resultado: PORRIÑO BB - CB ARTAI (74-65).
  • Parciais: 19-18; 33-37; 49-41; 74-65.
  • CB ARTAI: Jorge (18), Carlos (6), Pablo (25), Aítor (2),Marcos (10), Dani e Jaime (4).

Gran partido o visto na localidade pontevedresa, con dous equipos que pelexaron durante todo o partido en pos dunha vitoria que ao final quedou en casa. Enorme o mérito dos carballeses pois Javier Cotelo só puido contar con sete xogadores e un deles, Dani, aquejado de gripe. Pese a tan desolador panorama, os carballeses realizaron un gran partido baseado nun gran xogo colectivo, con Jorge impartiendo o seu magisterio no posto de base (18 puntos e dez asistencias) e con Pablo de brazo ejecutor (25 puntos e seis triplos) dentro do bo xogo colectivo colegial. A pena para os azuis foi o mal terceiro cuarto onde encaixaron un parcial de 16 a 4 que tiraba por terra o excelente traballo da primeira metade. Pese a iso, intentárono no último parcial, cos dous equipos máis envorcados en anotar que en defender (25 a 24) pero a diferenza xa era complicada máxime coas eliminaciones de Jaime e Aítor.

Fase de Ascenso Junior Masculina, xornada 2

  • Resultado: EBXIRIA - CB NARÓN (41-64).
  • Parciais: 19-11; 27-29; 34-45; 41-64.
  • CB ARTAI: Xoel (5), Iván,Juan (7), Fran, Alberto, Diego (18), Antonio (6), Andrés (2), Sergio (2), Mario (2) e Javi.

Tiveron que suar os naroneses para levarse a vitoria de Carballo .Os xogadores de Vázquez son os claros favoritos para pasar como líderes á seguinte fase pero no partido desta mañá botaron moi en falta ao seu mellor xogador, Picallo, sen ningunha dúbida o mellor xogador da competición. Arrincaron como un tiro os locais, anotando con fluidez, incomodando en defensa e con todos os xogadores dispostos de forma moi activa e coral. Cun dous máis de Mallo, un acababa o cuarto e a diferenza era de oito para os carballeses (19 a 11).

Pero a partir de aí, os ataques locais fóronse espesando (só anotarían 22 puntos nos tres cuartos seguintes) e só a intensidade defensiva mantiña as diferenzas en torno aos dez puntos. Na segunda parte, o terceiro cuarto empezaba aínda peor;os carballeses non eran capaces de anotar a primeira canastra (bandexa de Antonio) ata que faltaban tres minutos para o final de cuarto. Non baixaron os brazos os carballeses mantendo as constantes en defensa pero nulos en ataque.

Liga Galega Infantil Masculina, xornada 13

  • Resultado: ESTUDANTES LUGO - CB ARTAI (65-47).
  • Parciais: 14-8; 26-21; 43-30; 65-47
  • CB ARTAI: Carlos (7), Edu (13), Marco (5), Mario (12), Manu (7), José, Iago e Pablo (3).

Os carballeses volvían cunha derrota no “zurrón” tras realizar unha gran e meritoria primeira parte para volver encaixar no terceiro parcial un 17 a 9 que evitaba calquera tipo de reacción para os xogadores de Iván Villaverde, quen outra vez afrontaba o partido con numerosas baixas.

2ª División Cadete Masculina, xornada 15