mércores. 30.04.2025
El tiempo

Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior

Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior
Partido de Infantil do Artai

Malas novas para a familia do ACB esta pasada xornada. Os sénior sufrían un gripazo ante un rival directo e non amosaban o seu potencia. Sen embargos, as Junior tiñan un derbi ante o EX Xiria, e as carballesas demostraron estar un punto por arriba.

Para a familia carballesa non foi unha boa xornada. Só tres vitorias nos oito partidos disputados entre o venres pola tarde e o domingo pola mañá. Seguen dando alegrías os equipos femininos do Artai coas vitorias das cadetes e as infantís que permiten ás xogadoras de Iván e Fran, respectivamente, liderar os seus grupos. Destacar tamén a vitoria dos cadetes de Javi e de Jordi, noutro partido de infarto (xa levan uns cantos esta tempada) volvía sorrir a vitoria aos azuis.

Familia ACB

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FILLOA JAZZ (27-39)
  • ACB: Deril (7), Manu (2), Sergio (7), Nefri (4), Luciano (3), Adrián (8), Jose, Lucas e Cristian.

Gripazo para o equipo sénior do ACB Costa da Morte, que na tarde do sábado xogaban contra un rival directo na táboa e non foron capaces de dar a cara en ningún momento. Mal equipo sobre todo en ataque con transicións erroneas e mala decision de tiro.
O partido, de tanteador moi baixo sempre, estivo dominado polo Filloa, que soubo aproveitar a súa inmensa ventaxe no xogo interior pola baixa de Pais e Tinin, por traballo.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: E.S BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - EB XIRIA (56-29)
  • LORENA (18); MARIA (2); LARA (8); LAURA (6); TANIA (2); VIVI (2); CARLA (18); LORENA.

Derbi na categoria Junior femenino, na que o equipo ceense dominou o partido desde o inicio con rapidos contraataques e moitos roubos de balon. Cando xa se estableceu o ritmo de partido apareceu Carla a cal impuxo o seu fisico debaixo dos aros. Racha inmellorable das junior que siguen a un partido do liderato

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: CE CUME CEE - CB CAMBRE REVESDUYO (53-34)

Enorme partidos dos junior que consiguen unha importante victoria na casa ante un rival co que perderan no partido de ida. Inmellorable forma de comezar a segunda volta, cunha gran defensa e rapidos contraataques o equipo conseguiu dominar o partido de principio a fin. Destacaron Adrian, Cristian como pivot de referencia interna e Nando.

2ª División Cadete Feminina, xornada 12

  • Resultado: CB ARTAI - ACB COSTA DA MORTE (50-32)
  • Parciais: 10-3 12-12 17-8 11-9.
  • CB ARTAI: Emi, Celia (2), Sara Nion (6), Lola (10), Nuri (6), Emma (6), Caye (1), María, UxÍa, Paula (14) e Sabe (5).
  • ACB COSTA DA MORTE: Sambad (4), Agulleiro (4), Atan, Lema, Coo (4), Mira, Romero, Martinez e Lucía (20)

Derbi no pabellon de Bergantiños de Carballo. Visitaban Carballo as sempre perigosas xogadoras de Pais, nun partido no que as de casa non podían pinchar. Pero desta volta as ceenses non puideron facer nada ante un equipo superior, os erros nos tiros baixo o aro condenaron o equipo visitante.
Empezaba o partido coas do cole algo espesas, se lle atragantaba a zona ás azuis, levándose Cee a primeira vantaxe no marcador. Pero foi abrir a lata, e xa non parar, trala primeira canastra, dous roubos consecutivos das do cole poñíanas como dominadoras do electrónico, posición que xa non abandonarían. Cun 10-3 pechouse este parcial. No segundo cuarto animáronse as verdes, cuxo ataque fluíu máis. 12-12 neste cuarto.
E na segunda parte a vantaxe non fixo máis que crecer para as do cole. Xa máis ordenadas e sabendo onde facer dano na 2-3 montada por Pais, as artaicas anotaban con bastante fluidez, e as ceenses non vían ocos na defensa local.
Destacable por bando visitante, o partido de Lucia Ferrol con 20 puntos, xogando nunha categoría por encima da que lle corresponde.

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: MERENAUTO MONTROVE - FERROATLANTICA COS TA DA MORTE (74-24)

No colexio Valle Inclan de Oleiros xogouse un partido sen historia, mal partido dos ceenses que con moitas perdas de balon deron lugar a contraataques faciles o equipo local que acabaria gañando por unha clara vantaxe.

2ª División Infantil Feminina

  • Resultado: MARISTAS CHAMPAGNAT - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (43-20)

Partido complicado ante un equipo con xogadoras que limitan en Liga Galega. Eso marcou a diferencia na primeira parte donde as ceenses so conseguiron anotar seis puntos. Tras o paso polos vestuarios o equipo mellorou en defensa gañando o terceiro cuarto, 4- 10. O equipo segue en clara melloria respecto a primeira volta.


Familia Artai

1ª División Junior Masculino, xornada 10

Os Junior do Artai ante o Basquet Coruna
  • Resultado: BÁSQUET CORUÑA - CB ARTAI (74-55).
  • Parciais: 18-15; 36-29; 52-41; 74-55.
  • BÁSQUET CORUÑA (18+18+16+22): López (7), Albo (11), Andrián (15), Justo (10), Fernández-Bello (1), Vázquez, Montero (2), Pérez (20), Castiñeira, Rey (2) e Béjar (6).
  • CB ARTAI (15+14+12+14): Aítor (5), Pablo (24), Carlos (11), Jaime, Jorge (9)-cinco inicial-Xabi (4), Manu, Marcos (2) e Dani.

Partido disputado na mañá do sábado no pabellón de Riazor. Vitoria local nun partido máis igualado que o que marca o marcador final pois pese a non ir por diante no electrónico, os xogadores de Javier Cotelo estiveron en partido ata case a parte final do último cuarto .Pese á diferenza na clasificación, cos xogadores de Buendía instalados nos postos altos e os carballeses en metade da táboa, esa diferenza non se reflectía no marcador, entre outros aspectos, grazas ao sensacional partido de Moreira en ataque.

A semana que vén novo derbi, o sábado ás oito os carballeses reciben ao SantYago no pabellón da Zona Escolar.

2ª División Cadete Masculino, xornada 9

Os Cadetes do Artai
  • Resultado: CB ARTAI - TIRSO DE MOLINA (46-42).
  • Parciais: 11-10; 21-20; 34-30; 46-42.
  • CB Artai (11+10+13+12) Jorge (15), Juan López (3),Pozas (8), Santi P. (2), Anxo (1), Adrián (0), Luciano (11), Santi R. (0), Pablo S. (6) e Lois (0).
Bo partido o disputado no pabellón da Zona Escolar de Carballo. Partido igualado ata o final como o demostran os propios parciais dos cuartos onde en dous acabaron empatados e nun deles venceron os locais dun só punto. Notaron as baixas os xogadores de Javi e de Jordi (varios xogadores estaban de ?semana branca?) pero aínda así fixeron un bo partido, baseados nas anotacións de dúas dos xogadores de primeiro ano, Jorge e Luciano, autores de máis da metade dos puntos do seu equipo.

1ª Infantil masculino, xornada 9

  • Resultado: CB ARTAI - SIGALTEC (75-77).
  • Parciais: 13-21, 21-22, 19-17, 20-15.
  • CB ARTAI: Pablo, Carlos (11), Edu (23), Marco (4), Pérez (15), Mario (10), José (1), Manu A., Iago (9), Yago e Rubén.

Case un centenar de afeccionados viviron un vibrante partido no que os do cole case dan a campanada ante un dos máximos aspirantes ao título de liga.
Impuxéronse os de Vilagarcia na primeira metade grazas aos seus dous xogadores máis determinantes e á pouca intensidade dos do cole en defensa e pechando o rebote. No primeiro cuarto foron Victor e Martin os que daban as primeiras vantaxes aos visitantes “tradeando” o aro dos do cole unha e outra vez sen que estes puidesen facer nada para paralos. No segundo, coa defensa máis axustada, dedicáronse a repartir xogo para os seus compañeiros, índose ao vestuario con nove de vantaxe.

Á volta dos mesmos os pontevedreses quixeron pechar o partido pola vía rápida, chegando a poñerse 20 puntos arriba. Espertaron os mozos do cole tras un tempo morto. Atacando en 1x1 a Víctor conseguen sacarlle a terceira, co que se vai ao banco. Os de Vilagarcía, sen o criterio e o desborde de Víctor e en bonus, non souberon atacar a defensa carballesa e cometían falta en case cada defensa. Isto valeulles aos artaicos para chegar ao último cuarto sete abaixo.
E último cuarto en que os do cole, moi enchufados, empatan o partido a 66 a falta de 5 minutos. Un último arreón dos laranxas dáballes outra leve vantaxe (68-73) pero os do cole volvían a empatar cunha bandexa de Marco. Tiveron os azuis balón para empatar ata en dúas ocasións, tras unha canastra de Víctor, pero a pelota non quixo entrar na primeira e tras dous tiros libres fallados polo dous de Vilagarcía, Carlos non foi quen de tirar pola presión dos pontevedreses nunha xogada que, supoño que depende con que lentes mireise, puido ser falta; ou non.

Outros resultados da familia Artai

Liga Provincial Infantil Feminina, xornada 6

Comentarios