Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria
Nova xornada de basket costeiro, malísima para a familia do ACB Costa da Morte. O cadro ceense colleitou 4 derrotas, 3 en Ferrol en unha en Arteixo nunha fin de semana para esquecer.
Ademais, a familia carballesa do Artai colleitou un balance de seis vitorias e cinco derrotas para os equipos artaicos.
Mentres, o Basket Xiria xa ultima os detalles da Cea do vindeiro 28 de febreiro, na que celebrará por todo o alto os #30anosbasketxiria, nunha cita que servirá de homenaxe a moitos que formaron, e forman, parte da familia carballesa.
Familia ACB
4ª División Sénior Masculina
- Resultado: B. Arteixo - ACB Costa da Morte (47-33).
Nada puido facer o cadro ceense na súa visita a Arteixo.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: Ferrol CB - CE CUME Cee (57-45).
Nova derrota dos junior costeiros.
2ª División Infantil Masculina
- Resultado: Ferrol CB - Ferroaltántica Costa da Morte (56-45).
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: Mercedarias Ferrol - Ferroatlántica Costa da Morte (56-37).
Familia Carballesa
1ª División Junior masculino, xornada 15
- Resultado: NOVOBASKET AMARELO - CB ARTAI (64-60).
- Parciais:15-9; 32-15; 44-34; 64-60.
- CB ARTAI (9 6 19 27): Jorge (18), Manu (5), Carlos (2), Pablo (19), Aítor (6),Marcos (7), Dani (3) e Jaime.
Partido disputado na mañá do sábado no pabellón do Berbés de Vigo. Terceira derrota consecutiva dos carballeses que notaron en falta a achega dos xogadores cadetes. Moi mala a primeira parte dos xogadores de Javier Cotelo, moi fallones ante un equipo local que suscitou unha defensa zonal os catro cuartos. Case vinte puntos baixa para intentar remontar na segunda parte e onde os carballeses fixeron un gran esforzo, pese á escasa rotación, e estiveron a piques de levarse a vitoria para Carballo. Pero os 46 puntos da segunda parte non evitaron encaixar a terceira derrota seguida dos homes de Javier.
2ª División Junior masculino, Fase de Ascenso, xornada 1
- Resultado: CB CULLEREDO - EBXIRIA (73-37).
- Parciais: 19-10; 39-17; 61-28; 73-37.
- CB ARTAI: Xoel (11), Iván (2), Marcos ,Juan, Fran, Alberto, Diego (11), Antonio (4), Andrés (2), Sergio (5), Mario (2) e Javi.
Vitoria clara e cómoda dos xogadores de Nacho Calvo no primeiro partido da fase de ascenso. Apenas aguantaron os carballeses dez minutos, os primeiros , o rimto local moi superior en todas as facetas do xogo, sobre todo no dominio do rebote, tanto defensivo como ofensivo.
Liga Galega Infantil masculino, xornada 12
- Resultado: CB ARTAI - BÁSQUET CORUÑA (38-73).
- Parciais: 9-14 7-22 10-14 12-25.
- CB ARTAI: Pablo, Carlos (5), Edu (10), Marco (1), Mario (11), Rubén, Manu (11), Jose, Iago e Yago.
Empezaron ben os locais, moitísimo traballo e enchufados, cortocircuitando o xogo coruñes para un 7-0 de inicio. Empataron os laranxas tras 3 erros locais en menos dun minuto, o que lles deu ás para levarse o cuarto. A diferenza non fixo máis que incrementarse a favor dos de Coruña grazas ao seu alto ritmo e o seu mellor finalización.
2ª Div. Cadete masculino, xornada 14
- Resultado: MARISTAS - CB ARTAI (49-61).
- Parciais: 11-13; 19-30; 34-40; 51-59.
- CB Artai (13 17 10 19): Pablo Belo, Jota (8), Pozas (13),Nión (2), Adrián (3), Juan (3), Santi Rei (1), Pablo Sueiro (6),Lois (3), Luciano (10) e Javi Souto (10).
Nova vitoria dos de Javi Varela nun partido de altibajos que parecía controlado ao acabar o segundo cuarto pero que na segunda parte entrou nunha dinámica na que os dous equipos anotaban sen parar, sobre todo os locais quen ao final do terceiro cuarto chegaban a colocarse a seis puntos.
2ª Fase Cadete feminino, xornada 2
- Resultado: C.B. ARTAI - SANTO DOMINGO DE BETANZOS (39-28).
- Parciais: 4-6 16-5 7-10 16-7.
- CB ARTAI: Emi, Lola (11), Nuri (6), Emma (8), Caye (5), Sabe (2), Sara (6), María e Celia.
Se lles atragantou ás do cole a zona betanceira no primeiro cuarto, 4-6 para as visitantes.
Mellor foi o segundo. Coas azuis movendo mellor a bóla chegaban os puntos, mentres que ás brancas custáballes tradear a defensa local. As cadetes do cole íanse con sete puntos de vantaxe ao descanso. Á volta de vestuarios saíu moi enchufado Santo Domingo que conseguiu cortocircuitar o ataque local unha vez máis. Ademais o seu maior acerto de face ao aro fíxolles recortar no electrónico. 7-10 este cuarto.
E último cuarto no que as locais con 6 puntos seguidos sentenciaron a tímida reacción visitante.
Novas relacionadas
Crónicas da temporada
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.