Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai

Enorme, impresionante a vitoria do ACB Costa da Morte ante medio centenar de afeccionados na maña do domingo. E iso que desputaba un difícil partido contra un dos equipos líderes empatados na cabeza da táboa, pero con esta vitoria o equipo sénior afiánzase no medio da táboa.
As que non xogaban eran as Junior, que aprazaban o seu choque ante na Coruña ante o Compañía de María para estye venres 13 ás 20:00h.

Pola contra, a xornada para a familia carballesa foi “horrible”, caendo derrotados de forma clara nos tres partidos xogados de forma escalonada durante a fría tarde do sábado. Perdían os de Iván ás catro, os de Cotelo ás seis e os de Moreira ás oito, os tres de forma clara, sen apenas poñer en oposición aos seus rivais.
A xornada do domingo todo o contrario, só unha derrota, a do benxamín B e despois pleno de vitorias para os carballeses do Artai, cinco nos outros partidos.Non é malo o balance final, con cinco vitorias e catro derrotas.

Familia ACB

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – IDEFIC IMATIA (50-41)
  • Parciais: 7-2 / 14-19 / 17-7 / 12-13.
  • ACB: Manu (11, 1T); Déril (12, 1T); Adrián (16, 1T); Tinin (2); Sergio (5) – cinco inicial- Cristian (2); Diego (1), Lucas (3, 1); Jose, Nefri, Luciano.

O equipo herculino non se esperaba a arrancada de forza do equipo costeiro que xa desde o comezo daba a entender que non tiraría a toalla e motivados por unha férrea defensa gañou xa o primeiro cuarto deixando os vistiantes con so unha canasta anotada.
O segundo cuarto mellorou en canto ritmo anotador, a defensa local xa non sorprendeu tanto o equipo coruñés e gracias a un triple milagroso no último segundo do segundo cuarto o tanteador chegaría empatado o descanso.
Os ceenses non saíron dormidos na reanudación e co enorme acerto no tiro e unha defensa mixta que despistou completamente aos coruñeses, o equipo local recolleu a máxima vantaxe do encontro, dez puntos, que finalmente os coruñeses, non serian capazes de recortar en ningún momento. No último cuarto cada canasta do equipo coruñes era respondida por unha do equipo ceense e pese a que os tentaron a fallar na liña de tiros libres o ACB non perdonaría.

Valente partido dos costeiros que cimentado nunha enorme defensa xogaron o mellor partido do ano ante un rival físicamente superior, nunca lle perderon a cara o encontro e se asentan nos postos medios da táboa, xa con dúas vitorias por diante do seu perseguidor.

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: C.B ARTEIXO – CE CUME CEE (53-33)

Derrota contundente do equipo ceense na pista de Arteixo. Mal partido dos visitantes que ainda que comenzaron ben seguen acusando as baixas de tres xogadores importantes por lesión e so se puderon presentar o partido con seis efectivos. A iso se lle uniron unha serie de decisións mais que discutibles da parexa arbitral que deixaron con so tres xogadores no campo o equipo de Cee. Con todo o vento a favor o equipo local non desperdiciou a ocasión e conseguiu unha vitoria fácil e merecida.

2ª División Infantil Masculina

  • Resultado: UNIVERSITARIO FERROL – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (34-48)

Segunda vitoria consecutiva dos pequenos do ACB, que se poñen líderes en solitario da segunda fase da liga regular con duas victorias e ninguna derrota. O partido comezou igualado cos dous equipos tanteándose ata que o equipo costeiro se asentou e apartir do segundo cuarto xa comezou a liderar o partido gracias a defensa presionante a toda pista e a sua mellor arma, o contraataque. Despois do descanso os costeiros xa non deron opción o seu rival e xa puxeron terra de por medio.

Familia Carballesa

1ª División Junior masculino, xornada 13

  • Resultado: SIGALTEC VILAGARCÍA - CB ARTAI (71-54)
  • Parciais: 16-13; 37-23; 52-38; 71-54.
  • CB ARTAI (16 10 15 16): Jorge (8), Xabi (2) ,Manu, Carlos (2), Pablo (20), Melini (9), Aítor (1),, Anxo (6), Marcos (4), Dani e Jaime (2).

Derrota dos carballeses nun partido marcado pola descalificación de dúas dos puntais básicos do equipo de Cotelo cando o segundo cuarto estaba tocando ao seu fin. Pese a ir todo o partido por detrás no marcador, os carballeses loitaron todo o partido pese a esas dúas baixas.
Os carballeses non paran nin no fin de semana de Carnavales e o vindeiro domingo xogan en Carballo fronte ao Santo Domingo de Betanzos, un novo derbi, no pabellón da Zona Escolar.

2ª División Junior masculino, xornada 14

  • Resultado: MARISTAS CORUÑA - EB XIRIA (87-52).
  • Parciais: 15-12; 36-31;57-45; 87-52.
  • EB XIRIA (12 19 14 7): Xoel (19), Diego (4), Antonio, Marcos, Mario (3),Juan, Andrés( 8), Alex Cotelo (9), Iván (2), Javi(3) e Sergio (4)

Partido xogado na noite do sábado no pabellón de Maristas da Coruña entre os dous primeiros claisficados e os dous equipos que pelexarán pola fase de ascenso á liga galega a partir da semana que vén.
Vitoria local pero por un marcador que non reflicte o visto e disputado no pabellón coruñés. Suaron a pinga gorda os xogadores de Pablo Cayado, sobre todo na primeira parte, na que o seu defensa presionante non impedía os bos ataques dos carballeses quen ademais anotaban con fluidez. Cada intento de distanciarse no marcador dos locais era contestado por algún triplo dos de Moreira chegándose ao descanso cun parcial de 36 a 31. Apertaron os locais en defensa no terceiro cuarto e aos carballeses xa lles ía custando algo máis anotar e o balance defensivo xa non era o dos dous primeiros cuartos. A debacle foi no último parcial, cun marcador de 30 a 7 que tiraba polos chans o excelente traballo dos tres primeiros cuartos. A nota positiva foi o debut doutro xogador cadete, nesta caso Alex Cotelo.

2ª División Cadete masculino, xornada 11

  • Resultado: CB ARTAI - SALGADO MONTROVE (48-37).
  • Parciais: 18-5; 25-19;36-25;48-37
  • CB Artai (18 7 11 12):Pablo Belo,Jota (12), Pozas, Nión, Javi López (9), Adrián (5), Juan (3), Luciano (2), Santi Rei, Pablo Sueiro (8),Lois e Javi Souto (10).

Partido disputado na fría mañá do domingo no pabellón Bergantiños de Carballo. Nova vitoria dos xogadores cadetes nun partido marcado polo intenso frío rexistrado no pabellón carballés. Comezaron moi ben os locais cun primeiro cuarto pleno de acerto e cunha gran intensidade defensiva ante un rival descolocado neses primeiros dez minutos. Baixaron o ritmo os locais no segundo parcial circunstancia aproveitada polos oleirenses para achegarse no marcador. Todo un espejismo porque o terceiro cuarto foi nuevamente da cor azul, dos locais deixando o marcador claramente favorable para facerse cunha nova vitoria.
Non paran os de Javi Varela e Jordi Villar, quen teñen dobre cita en Entroido para recuperar as dúas xornadas perdidas polos temporais. O sábado ás doce visitan a pista do CB Ferrol en Esteiro e o luns ás seis e media a pista de Cocheras para xogar fronte a ADFRO.

2ª División Infantil masculino, xornada 11

  • Resultado: CB ARTAI - SEIS DE NADAL VIGO (36-70).
  • Parciais: 8-17; 16-33;27-54;36-70.
  • CB Artai (8 8 11 9):Iván (1), Carlos (4), Edu (8), Manu (11), Rubén, Manu Abelenda, Marco (7), Pablo Otero, Iago Caamaño (2), Yago, Javi (3) e Xullo.

Último partido da primeira volta disputado no pabellón da Zona Escolar. Partido sen historia o xogado na tarde do sábado en Carballo e que supuxo unha nova derrota dos xogadores de Iván nesta liga. Nuevamente os locais acusaron as baixas, neste caso as de Juan Pérez e Mario, unidas ao mermado que xogaron Edu e Manu, os catro por gripe. Ata seis convocados do equipo do EB Xiria tivo que solicitar Iván para completar a convocatoria.
Os carballeses retoman a competición dentro de quince días polo parón de Entroido.

Infantil Feminino, xornada 9

  • Resultado: Sta. María do Mar - CB Artai (16-60).
  • Artai: Nuria (12), Emma (12), Sabela (12), María (4), Sara (4), Celia (4) e Cayetana (12).

Partido disputado na mañá do sábado no pabellón de Elviña II da Coruña. Nova vitoria das xogadoras de Fran Cristóbal nun partido dominado de principio a fin polas carballesas.


Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte