Cabana e Corcubión proclamáronse campións Provinciais de FS

Xa estivemos nos triunfos dos Infantís nos Campionatos Comarcais de FS. E hoxe facemos o propio coa Fase Final Provincial das Escolas Deportivas de fútbol sala, que se celebraban nos pavillóns da Costa Bergantiñá, e nos que participan varios equipos da zona. EDM Cabana Benxamín, EDM Ponteceso Alevín, EDM Malpica e EDM Corcubión Infantil, así como o Fisober Alevín participaron nuns campionatos que nos deixan un par de campións Provinciais, con opción de facerse co Campionato Galego.

I é que o EDM Cabana Benxamín mixto e os Infantís do EDM Corcubión se facían cos títulos dos Provinciais, moi celebrados.

O EDM Cabana xogaba como anfitrión, e aproivetou as sinerxias para vencer na semifinal ao CPI Fonte Díaz Touro por un apretadísimo 6-5, e pola tarde, fixo o propio co Negreira, xa por un contundente 8-4.

Pola súa banda, o EDM Corcubión Infantil, tras demostrar a súa superioridade nos Comarcais, sufriu e moito para levar o título, pero iso tamén fixo que a elgría fose maior. O equipo corcubionés necesitou da prórroga (Luís Lojo anotou o definitivo 5-5 cando só quedana 20 segundos para o final) e dos penaltis para levantar o título.

Non puideron facerse co título os alevíns do EDM Ponteceso, que caeron na final ante o Curtis. E tampouco as mozas do Fisober, que perdían na seminifinal ante o Fervenza (que quedou campión) por 6-1, pero afianzaban o 3º posto vencendo 2-0 ao Melide.

Novas do fútbol base

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).