Xoves. 28.03.2024
El tiempo

4 campións con Biberón

4 campións con Biberón
Dumbria Outes Esteirana e Fisterra campions nos Biberons

Xa están esperando os equipos do Sur da bisbarra a I Copa da Costa de Biberóns, que se disputará en xuño. I é que as Ligas Sur de Alevíns e Benxamíns, emais as Ligas de Prebenxamíns Este e Oeste xa remataron. Quedan, sen embargo, aínda 7 xornadas para o final, polo que aínda teremos que esperar para ver quen son os campións, se ben en Alevíns Norte o EMF Vimianzo vai destacado, mentres que nos Benxamíns Norte é o Cabana o que saca 5 puntos ao Sofán.

Así que repasamos os títulos dos Dumbría, Outes, Esteirana e Fisterra nas categorías biberóns, unha vez que xa estivemos con cos Infantís do Cee, campións de Liga.

O Dumbría, campión nos Alevín Sur

Alevins do Dumbria

Con 6 puntos de vantaxe sobre o Fisterra e 8 sobre o Outes, o Dumbría de Serguei proclamouse campión con 2 xornadas de marxe. E menudos números que presenta o cadro dumbriés, con 18 partidos gañados, 1 empate e 1 unha derrota precisamente ante o Outes, 168 goles a favor e tan só 12 en contra (ollo aos datos), o equipo dumbriés leva a liga merecidamente.

O Outes, o primeiro campión, nos Benxamíns

Familia do OUtes celebrando o titulo de Benxamins en Cee-Foto-Outes

Xa con 3 xornadas para o final os Benxamíns do Outes, dirixidos por Carlos, sentenciaron unha Liga que remataron sen rival. Pois se os números dos Dumbría Alevín xa marean, os do Outes Benxamín son de infarto. 22 partidos, 22 vitorias, con 182 goles a favor e 30 en contra.
Quedou o Fisterra a 9 puntos dos da Serra, pero é que o potencial destes pequenos é tremendo. Haberá que prestar especial atención a ambos conxuntos.

Fisterra e Esteirana, campións dos Prebenxamíns

Alguns dos Peques do Fisterra

O Fisterra de Julito e a Esteirana de Cheñe son os flamantes campións das ligas dos máis pequenos. Con só 10 xornadas estas Ligas de 5 equipos cada unha, deixan un sabor de boca moi doce e gañas de velos máis en acción. Dúas Ligas tremendamente disputadas ademais que rematan con sendos empates no máis alto da táboa, e uns títulos que se decidiron pola golaveraxe

Gran bloque o do Fisterra, “un equipo con moito traballo e moitas gañas por aprender”, como define o míster. O cadro fisterrán quedou empatado co Cee a 19 puntos no máis alto da Liga OEste, pero a vitoria na ida por 6-5, permitía que aos fisterráns lles valese o empate na última xornada. E así foi, 5-5 e o título para Fisterra.

Non foi tan tensa a última xornada na Prebenxamín Este, pois a Esteirana descansaba xa co título asegurado na penúltima xornada. O Outes quedou subcampión cos mesmos 21 puntos que os esteiráns, pero a vitoria por 1-6 na antepenúltima xornada dos esteiráns na Serra foi clave para recuperar os puntos perdidos na primeira volta e o golaverage individual.

Homenaxe aos prebenxamins da Esteirana-Foto-Alba Veloso

Campións, tamén fóra da bisbarra

Ademais, os alevíns do Cabana SD proclamáronse Campións da Copa Consolación do "Torneo Ames Cup" de Bertamiráns.

Alevins do Cabana campions en Bertamirans

Novas das Ligas Base

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios