Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa

Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa
Semis da Copa Infantil entre Cee e Fisterra-Foto-Jose Cambeiro

Non sen polémica, pero esta I Copa da Costa Infantil xa ten finalistas. Cee e Corme (un Corme este ano espectacular co título da Liga da Costa, e chegando á final tamén en Xuvenís) disputarán a gran cita, case con seguridade, este domingo no Municipal de Vimianzo, xusto antes que a Final da Copa da Costa Xuvenil.
Todo, tras unha fin de semana na que dous dos nosos acadaron grandes resultados nos campionatos intercomarcais de Fútbol Sala.

Finalistas

O Corme metese na final da I Copa da Costa Infantil

Estaba decidida unha semifinal dende a ida, pois o Corme endosara un claro 0-8 aos Miúdos a semana pasada. A volta, na resaca cormelá da celebración do título da Liga da Costa, os peques da marea azulona venceron de novo pero Os Miúdos tiraron de orgullo e prantaron cara ata o final, acadando un apretado 3-2.

No outro lado do cadro, o Cee, o actual campión de Liga, conseguíu o pase e enfrontarase a un Corme disputou o título ata as últimas quedando nunha máis que meritoria 3ª praza, por detrás do Fisterra. Precisamente ao Fisterra tivo que superar o Cee, nunha final de auténtico infarto, con penaltis e todo.

Pero non faltou a polémica. O partido remataba con 1-2 para o cadro fisterrán, recuperando así a vantaxe que obtiña o Cee na ida. Cando se dispuñan a lanzar os penaltis, o cadro fisterrán quere cambiar o seu porteiro, lesionado, por un xogador de campo para a tanda de penaltis, pero aí é cando chega a polémica. O colexiado, presionado por un lado e por outro, descoñece o reglamento, e impide facer o cambio de xogador por porteiro, pero sen embargo permite que o porteiro suplente entre no campo en substitución do titular lesionado, cando o reglamento precisamente iso é o que non permite, cambiar a ningún xogador unha vez rematado o partido, como sinala o artigo 202. O que si permite o reglamento, claramente, é que un xogador de campo que estea sobre o céspede ao rematar o partido, se meta baixo paus.

Quedou a cousa como estaba e o Cee levou a tanda de penaltis e o pase á final, a pesar das protestas de toda a familia do Fisterra.

Os infantis do Cee sobre o porteiro celebrando o pase a final-Foto-Jose Cambeiro

Final en Vimianzo

Segundo nos acaba de confirmar a Federación a final da Copa da Costa Infantil será o domingo 18 de maio ás 16:30h no Municipal de Vimianzo, xusto antes da Final da Copa da Costa Xuvenil, que enfrontará ao Dumbría e ao Corme, que arrincará ás 18:15h.

Tendes os cadros en www.copadacosta.com onde anotaremos os resultados segundo remate os choques.

Campión e subcampión intercomarcal

Corcubion Campion Infantil Intercomparcal FS

Doble alegría para o fútbol costeiro. Dous equipos acadaron grandes resultados na festa do deporte comarcal celebrada en Corcubión.

Precisamente, o EF Corcubión de Carlos Pazos acadou o título intercomarcal en categoría Infantil. Os pequenos corcubioneses vencían 4-1 ao Mazaricos nas semis, e facía o propio coa Esteirana por 6-0. Podio costeiro nos Intercomarcais infantís.

Ademais, o equipo Alevín das EFM Vimianzo, dirixido por Paco, quedou subcampión da Intercomarcal. Os vimianceses venceron nas semis ao Outes por 4-0, pero na final non puideron cun potente Negreira, e caeron por 5-2. Ademais, as lesións nas semis mermaron demasiado ao equipo de cara a final. O Outes, ademais, quedou 3º, tras vencer na final de consolación ao Furia Valga por 10-1.

EMF Vim Alevin subcampions Intercomarcal

Novas relacionadas

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios