Corredoira asume o desafío de ascender ao Baíñas

Manuel Corredoira, novo adestrador do Baíñas

Trala emotiva despedida de Pablo Mallón como adestrador do Baíñas, quedaba o club vimiancés pendente de darlle unha renovación ao banco.

E forte aposta do equipo de Juan Silva, apostando por un formador de adestradores como é Manuel Corredoira. Ex adestrador do Zas e do Xallas, entre outros moitos, Corredoira é o responsable costeiro do Colexio de Adestradores e un dos culpables da proliferación dos cursos de adestradores pola zona.

Volve aos bancos para coller un gran plantel, que mantén as aspiracións a todo na Liga da Costa, a só 7 puntos do liderado.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).