Deporte e Saúde con DaFIT: Pautas para enganar ao Nadal

Turróns, cava, polvoróns, marisco… o problema destas fechas chega cando rematan. Non queremos amargarvos os últimos días do Nadal, pero todos sabemos que traen consigo unha perda da forma que, en ocasións, pode tirar pola borda todo os resultados conseguidos, quen di o Nadal, di as vacacións estivais, o entroido… Sempre e cando, o parón ou o período de inactividade se prolongue no tempo de xeito considerable. Si a inactividade se lle suma un descoido da alimentación ante ese panorama o organismo non permanece impasible, dándose cambios que se notarán con máis forza á volta. Estes cambios afectarán sobre todo, a capacidade aeróbica, a forza, a flexibilidade, o metabolismo e o máis importante, ó factor psicolóxico.

O importante vai a ser que se teñan novas expectativas, motivacións, enerxía e ganas para retomar os adestramentos e a volta a actividade. Trátase de poñer o corpo a punto e sen presas, pois intentar recuperar o tempo perdido adestrando máis tempo ou con maiores cargas (pesos, series, etc.), será unha idea errada e que se debe eliminar do pensamento. Este feito implicará, en moitos casos, un maior risco de sufrir lesións. A volta deberá ser lenta e relaxada, aclimatando os músculos de novo á rutina. E sobre todo para evitar posibles sobrecargas que deriven nas temidas lesións.

 

Pautas Básicas:

  • Comeza pouco a pouco.
  • Se humilde contigo mesma/o e realista.
  • Fai un oco na túa axenda e plantifícate, para poder ser constante.
  • Mantén hábito alimenticios saudables.
  • Descansa.
  • Recompénsate polo logros acadados.
 

Como facelo?

O que se soe facer é comezar a adestrar como se facía antes do parón. Isto soe ser acertado, sempre e cando o nivel de rendemento non sexa moi inferior, e os cambios non sexan moi relevantes. Tendo en conta que os músculos non están nas mesmas condicións, deberíase realizar unha aclimatación progresiva, para ver en que nivel nos atopamos. Incrementando, progresivamente, a intensidade e comezar con rutinas curtas, número reducido de series, pesos lixeiros, etc. Sen tratarse de adestramentos demasiado explosivos onde o corpo reaccione de xeito negativo.

Dende DaFit, consideramos que o adestramento en circuíto, con exercicios onde se traballe cada parte do corpo e grupo muscular, vai a ser moi beneficioso. Permite adquirir pouco a pouco o ton muscular e mellorar a capacidade aeróbica, potenciando todas as capacidades físicas básicas (forza, resistencia, flexibilidade,velocidade, coordianción, etc. ). Recordade que se debe preparar o corpo cando se vai realizar un esforzo, a través do quecemento, e non esquezades realizar estiramentos para todos os grupos musculares que viron involucrados no adestramento.

Por outra banda, outra forma de retomar os adestramentos en progresión, son as actividades dirixidas, como Bodypump, GAP, Pilates, etc. Axudan a recuperar o tono muscular e permiten afrontar o regreso con máis optimismo e ánimo, pois o feito de ser actividades en grupo é un aliciente.

Non deixedes levarvos pola pereza e o cansando da actividade física, pensade nas boas sensación que se quedan despois de facer exercicio. Coa práctica deportiva, xéranse endorfinas que producen no corpo unha sensación de benestar e satisfacción polo acadado. Marcade obxectivos a medio prazo, é moi importante ter claro qué se quere conseguir e en que se mellorar, pero que estes obxectivos sexan asequibles, para que a motivación e as expectativas non desaparezan no mes de xaneiro. Si se consigue planificar sobre o que se quere, estarase a traballar para evitar unha posible frustración. Sería unha boa metodoloxía ter un rexistro dos logros, xa que permite observar o progreso e fixar novas metas.

Tampouco pretendemos alarmar ou ser aguafestas, pero o 2016 está petando na porta. Aínda que mañá é noitevella e o día de Reis está a volta da esquina, o que si se está a achegar é o 1 de xaneiro, o primeiro día do ano, o día no que moita xente se fai promesas e planea novos retos, así que... Por que, non? Estamos a falar, principalmente, do campo do exercicio físico... polo que márcate metas e énchete de positivismo.

Feliz ano a todas e a todos! Un saúdo da equipa DaFit!

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.