Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá

Volvía á competición a familia do tenis de mesa costeiro, e o facía con dous empates para eles e dúas derrrotas para ela. Dous empates nas ligas masculinas, unha que sabe a vitoria e outra que sabe a derrota.

As mozas, pola súa parte, seguen líderes a pesar do tropezo que sufriron na Coruña.

3ª División Nacional - Grupo Norte

  • Resultado: CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo 3-3 (15-10).
A primeira a conseguida polo Anorthosis en Lalín ante os que eran os líderes deste grupo, pero a consistencia do Anorthosis fixo que se conseguise este valioso empate e que iguala moito a clasificación por arriba. 6 equipos en solo 2 puntos. Excepcional Roi coa súa vitoria ante Manuel Saavedra.

1ª División Galega - Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Conxo Ponte de Ferro 3-3 (10-9).
Por outro lado, o empate do Concello de Zas Aquacenit sabe a derrota despois do visto durante o encontro, e é que Stevo non estivo ao seu nivel para superar Francisco Suárez e conseguir o punto que daría a vitoria. Moi ben neste caso Chris Roy facendo os seus dous puntos.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: Club del Mar - Aluminios Xeal 3-1.
  • Resultado: SD Hípica - Aluminios Xeal 3-2.
En canto a liga femenina, pouco se pode dicir das líderes, pois que disfruten como o están facendo, eso a pesares da derrota inesperada ante as de Hípica. Tempo terán para enmendar os errores.

Vindeira xornada

A Vindeira xornada dispútase o sábado 17 e o domingo 18 de xaneiro. O sábado 17 haberá competición en Zas na 1ª concentración-competición escolar na que estarán cerca de 80 nenos/as dos colexios de Bembibre, Portomuoro, A Baña, Virxe do Mar de Noia, Liceo de Noia, Outes, Cruceiro de Roo, Pino de Val, IES de Terra de Soneira de Vimianzo, San Vicenzo de Vimianzo e Zas. En total uns 80 escolares que encherán de tenis de mesa o pavillón municipal de Zas. Esta concentración forma parte do programa XOGADE da Xunta de Galicia e dende Zas queren agradecer tamén ao Concello de Zas polas facilidades e apoio prestado.

Tamén o sábado debería disputarse o 1º encontro da segunda volta da 2ª Divísión Galega entre Concello de Zas O Pinar e Construcciones Cernadas pero este farase o venres no entrenamento.

Ademais, para o Domingo 18 de xaneiro de 2015, quedan os seguintes partidos:

  • En Cambre as 9:30 h. Cambre Promesas - Concello de Zas Aquacenit.
  • En Zas as 11:00 h. Anorthosis Vimianzo - Ferrolterra.

Novas relacionadas

Crónicas dsa temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.