Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá

08:44 15/01/15

Volvía á competición a familia do tenis de mesa costeiro, e o facía con dous empates para eles e dúas derrrotas para ela. Dous empates nas ligas masculinas, unha que sabe a vitoria e outra que sabe a derrota.
As mozas, pola súa parte, seguen líderes a pesar do tropezo que sufriron na Coruña.
3ª División Nacional - Grupo Norte
- Resultado: CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo 3-3 (15-10).
1ª División Galega - Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Conxo Ponte de Ferro 3-3 (10-9).
2ª División Nacional Femenina
- Resultado: Club del Mar - Aluminios Xeal 3-1.
- Resultado: SD Hípica - Aluminios Xeal 3-2.
Vindeira xornada
A Vindeira xornada dispútase o sábado 17 e o domingo 18 de xaneiro. O sábado 17 haberá competición en Zas na 1ª concentración-competición escolar na que estarán cerca de 80 nenos/as dos colexios de Bembibre, Portomuoro, A Baña, Virxe do Mar de Noia, Liceo de Noia, Outes, Cruceiro de Roo, Pino de Val, IES de Terra de Soneira de Vimianzo, San Vicenzo de Vimianzo e Zas. En total uns 80 escolares que encherán de tenis de mesa o pavillón municipal de Zas. Esta concentración forma parte do programa XOGADE da Xunta de Galicia e dende Zas queren agradecer tamén ao Concello de Zas polas facilidades e apoio prestado.Tamén o sábado debería disputarse o 1º encontro da segunda volta da 2ª Divísión Galega entre Concello de Zas O Pinar e Construcciones Cernadas pero este farase o venres no entrenamento.
Ademais, para o Domingo 18 de xaneiro de 2015, quedan os seguintes partidos:
- En Cambre as 9:30 h. Cambre Promesas - Concello de Zas Aquacenit.
- En Zas as 11:00 h. Anorthosis Vimianzo - Ferrolterra.
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.