O Construcciones Cernadas xa sabe gañar


Longo desprazamento ata Monforte e moi bo regreso do Anorthosis Vimianzo cunha vitoria ante o CTM Ceibe, no que cómpre destacar a Roi que xogou cun forte tirón no hombreiro esquerdo pero aínda así solventou os seus partidos por dous contundentes 3-0.
Mentres, seguen chegando derrotas na 2ª Galega, da man do Concello de Zas Aquacenit, que desta vez non foi capaz de sacar nada positivo ante os veterans da SD Hípica.
A gran nova da xornada estaba na 2ª galega na que o Construcciones Cernadas conseguía a súa primeira vitoria en competición oficial, ante o Arteal Ventanas "B" de Santiago.
3ª División Nacional, Grupo Norte
- Resultado: CTM Ceibe - Anorthosis Vimianzo 1-5 (5-16)
Empezou xogando Gonchu e contra o nº 3 que o camuflaron de 1, pero a coa fortaleza do equipo soneiran de nada lles valeu, e ganou 3-0; logo Roi 3-0 e no final da 1ª ronda Miki perdia 1-3 contra o nº 1 monfortino. Xa na 2ª ronda Roi 3-0 e Gonchu no partido estelar do encontro superou ao nº 1 por 3-2 que decidia a vitoria e no final Miki superou con tranquilidade por 3-0 ao nº 2 local. con esta victoria estase nos postos de cabeza e cos ánimos moi altos.
1ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - SD. Hípica 2-4 (7-12)
Só Stevo gañou os seus por 3-0 a Prieto i Elías. Chris Roy cedeu 0-3 e 1-3 ante Monroy e Prieto e Laura tamén 0-3 e 0-3 ante Elias e Monroy.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Arteal Ventanas - Construcciones Cernadas 2-4 (10-13)
Moi ben Marta que gañou os dous partidos 3-0 e 3-0. Raúl gañou o 1º facilmente pero despois confiouse e perdeu 3-1. Ana gañou o seu partido 3-0 e despois deixouo sitio a seu pai para que se estrease na competición. Eles también cambiaron e xogou un veterán ante o que nada pudo facer Eduardo na súa estrea competitiva.
Vindeira xornada
Todos o sábado 25 de outubro:
- 3ª división nacional en Oleiros:
- 16'00 h Breogán Oleiros - Anorthosis Vimianzo;
- 18'00 h. Breogán Oleiros "B"- Anorthosis Vimianzo. - 1ª división galega en Coruña:
- 17'00 h. Club del Mar Xuvenil - Concello de Zas Aquacenit. - 2ª división Galega en Ribadumia:
- 16'00 h. Guiusseppe Anthony - Concello de Zas O Pinar;
- 18'00 h. Guiusseppe Anthony - Construcciones Cernadas.
Novas relacionadas
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Campañas anteriores
- 2013/2014: Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas.
- 2013/2014: Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa.
- 2013/2014: A canteira do Anorthosis responde.
- 2013/2014: A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias.
- 2012/2013: O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- 2012/2013: O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- 2012/2013: A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.