mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza

O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza
Anorthosis Vimianzo 14-15-Roi-Miguel-Andres e Gonchu

Nova xornada para a familia do tenis de mesa da comarca de Soneira. Xornada que empezou o sábado moi mal polas derrotas, non esperadas, dos equipos de 2ª Galega e que parecía que ía continuar no domingo pola mañá, pois empezouse perdendo os dous primeiros enfrentamentos. Pero menos mal que se arreglou ao final e o Anorthosis Vimianzo conseguía ese empate que neste caso, anque xusto, parece que se poido facer máis. Non tivo Andrés Fagín o seu día para xogar e non celebrou como quixera o seu santo e nun primeiro partido malo e nun segundo regular cedia os dous por 0-3 e 2-3 ante Manuel Calvo e Carlos Nogueira. Tampouco tivo fino Roi no primeiro e así perdiu antes Carlos por 1-3, pero recuperouse e superou a Ángel Padín no último e dar así un punto ao equipo. Excelente Gonchu gañando os dous puntos e superando con claridade a Manuel Calvo e Ángel Padín e demostrando un escelente estado de forma.
Con este resultado segue o Anorthosis nos postos de cabeza a falta de tres xornadas para acabar a primeira volta.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas 3-3 (12-11)

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Monte Porreiro Mexilón "B" 2-4 (9 -15)
  • Resultado: Construcciones Cernadas - Monte Porreiro Mexilón "B" 0-6 (3-18)

Na vindeiroa fin de semana non hai liga.

Novas relacionadas

Campañas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios