Que trae bos encontros, comezando pola Preferente, que xa afronta a 3ª xornada. O Soneira terá unha proba de lume o sábado no Municipal de Vimianzo, recibindo a un Laracha, líder, con 6 puntos en dous partidos e aínda ser recibir un gol. Para o domingo ás 18:00h quedan os 3 restantes encontros. O Santa Comba recibe a un Ribadeo con 0 puntos; o Xallas, visita o campo do Foz e o Dumbría quere comezar a sumar de 3 en 3 contra o Chantada.
A xornada na 1ª chega complicada. O Cee recibe ao Riveira, actual líder trala goleada ao Carral. Pola súa parte, o Ponteceso visitará un campo ferrolá con malos recordos para os equipos costeiros, o Perlío.
E 2ª xornada na Liga da Costa, cos equipos aínda rematando a preparación e sen saber que vai ser deles ao longo da campaña. Na 3ª da Costa, Outes, Montelouro e Coristanco buscarán seguir na cabeza ante Carnota (bo encontro no Cunchido), laxe e Cabana.
Ademais, este domingo dan comezo ás Ligas de Veteranos, con moita intensidade.