Resultados da primeira fin de semana de setembro


Volveu, case que ao completo, o fútbol da Costa aos nosos domingos. Coma sempre, traeremos os resultados antes que ninguén e as crónicas das 4 ligas e dos xuvenís irán chegando entre o luns e o martes. Polo de pronto, xa deron comezo as 4 ligas de modestos, e unha de xuvenís, á espera de que o grupo sur xuvenil, cadetes, infantís e veteranos dean o pistoletazo de saída.
Nesta primeira fin de semana de setembro, houbo un pouco de todo. Na Preferente, xa na segunda xornada, sorte dispar para os nosos. O Santa Comba foi o único que sacou os 3 puntos de Bertamiráns, pero volvéronlle saír caros e remataron o partido de novo con 9 homes. O Soneira non podía co Compostela, mentres que Xallas e Dumbría non pasaban do empate na casa malia merecer algo máis.
Na 1ª Autonómica, os dous equipos da bisbarra colleitaron malos resultados e non sumaron neste comezo de campaña.
Comezaba tamén a Liga da Costa, e o facía con 8 vitorias visitantes e tan só un empate. O Malpica ponse de líder tras coller desprevenido ao Nantón, mentres que o Club do Mar xa amosa os dentes que o colocan na parte alta da táboa. Salientar tamén o bo comezo da Esteirana, que segue igual de rápido nos últimos metros que na temporada pasada sobre todo fóra da casa. Camariñas, Zas, Sofán, Dumbría B e Fisterra tamén sumaron os 3 primeiros puntos do ano.
A 3ª da Costa segue igualada. Apenas un par de goleadas estranas, como a do Volantes, que tras meterlle 9 na primeira xornada ao Muxía, caía por 5-1 ante o Cabana, que á súa vez caera en Louro. Precisamente os muradáns son un dos 3 equipos que suman 2 vitorias, xunto co Outes e Coristanco, deixando ver que este ano queren estar na zona alta. Cerqueda, Alcaián e Corcoesto, con 4 puntos, quedan na parte alta.
E tamén comezaba a Liga Xuvenil Norte, Gr.4. Parece que o Dumbría B volve ser claro favorito e arrasaba co Coristanco. O Cabana podía co Zas nun encontro moi igualado, igual que o Ponteceso co novo Laxe.
Para o luns traeremos as crónicas das 4 Ligas, mentres que os xuvenís, coma sempre, chegarán na tarde do martes.
Preferente Norte, xornada 2
Soneira | 0-1 | S.de Compostela |
Dumbría | 1-1 | O Val |
Bertamiráns | 0-2 | Santa Comba |
Xallas | 1-1 | Chantada |
1ª Autonómica, xornada 1
Ponteceso | 0-2 | Cariño |
Villestro | 2-0 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 1
O Pindo | 0-2 | Sofán |
Corcubión | 1-1 | Corme |
Mazaricos | 0-1 | Fisterra |
San Lorenzo | 0-3 | Esteirana |
Muros | 1-2 | Dumbría B |
Buño | 1-3 | Zas |
Nantón | 1-6 | Malpica |
Baio | 1-3 | Camariñas |
Castriz | 0-4 | Club do Mar |
3ª Autonómica, xornada 2
Xaviña | 0-2 | Montelouro |
Lira | 0-4 | Outes |
Soneira B | 0-0 | Indep. Carballo |
Camelle | 1-1 | Alcaián |
Muxía | 0-1 | Coristanco |
Laxe | 0-1 | Corcoesto |
Fisterra B | 3-3 | Cerqueda |
Carnota | 2-1 | Porteño |
Cabana | 5-1 | Volantes |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 1
Coristanco | 1-6 | Dumbría B |
Malpica | 0-0 | Camariñas |
Ponteceso | 1-0 | Laxe |
Muxía | 0-0 | Corme |
Cabana | 3-2 | Zas |
Máis información
Novas relacionadas
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Primeiras sancións e horarios modificados para a posta en marcha de todas as Ligas da Costa.
- 3ª Autonómica: A loita en marcha.
- Preferente: Comeza a liga da igualdade.
- Resultados da volta do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).