Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Comezando unha liga insulsa

Xuvenil Norte: Comezando unha liga insulsa

Comezou a Liga Xuvenil Norte, Gr.4. E comezou con pouca intensidade, unha vez que os equipos están con pouco interese na propia Liga. O feito de que os 4 primeiros van á Liguiña de Ascenso e non á Copa, fai que moitos rapaces perderan a motivación na Liga. Esta decisión, tomada coma sempre ás espaldas dos equipos da bisbarra (que tampouco afrontan a unidade necesaria para poñer o puño enriba da mesa), provoca unha clara devaluación da Liga, pero tamén da Copa, pois os 8 mellores equipos, dos 21 participantes, non a xogarán.

Entrementres comeza a campaña, na que parece que o Dumbría B vai volver estar un paso por riba, contando con que o Corme non poderá repetir a histórica campaña anterior. Cabana e Ponteceso tamén sumaron os 3 primeiros puntos.

Xa sabedes que nos gustaría que nos enviásedes fotos, información... dos encontros, para poder chegar a cada campo. Estamos en [email protected] ou en [email protected].

Muxía - Corme (0-0)

  • MUXÍA: Cristian, Santi Negro, Antoniño, Fran Bello (Brais, min.67), Fabián, Julián, Cris, Ismael, Peski, Felipe (Andrés, min.58), Kiko (Gerardo, min.46).
  • CORME: Javi, Sergio, Alejiño, Koeman, Alberto, Dani, Eloi (Dani, min.78), Jorge, Brais, Antonio e Juanma.

Botou andar unha nova tempada na Arliña a categoría de xuvenís e fixo cun enfrontamento entre dous equipos radicalmente distintos a tempada pasada debido aos numerosos xogadores que por idade pasaron a modestos. O cal deixou moito debutante en xuvenís no campo, o Corme tan só contaba cun xuvenil de segundo nas súas filas, Eloi, por tanto moito traballo por diante, pero ao mesmo prometedor para os cormeláns e muxiáns.

Os dous equipos moi temorosos saíron a tentar non recibir goles, e si podían conseguir un que lles dera a vitoria. Así no minuto 10 os locais tiveron nas botas de Kiko unha oportunidade para desnivelar o marcador. A ela responderon os cormeláns no minuto 17. Aos 26 minutos os locais pediron como dentro da área unha falta a Peski que o colexiado sacou fóra. No saque desa falta Felipe peiteaba e Kiko non chegaba por pouco. Os visitantes non se amilanaban e tiveron dúas boas ocasións antes do intermedio.

A segunda metade tivo pouca intensidade e foi moi tranquila. Aínda así no minuto 73 o local Andrés e un minuto despois o tamén xogador dos da vila da Barca, Ismael que lanzou o longueiro tiveron a oportunidade de deixar a vitoria na Arliña. No minuto 82 foi Santi Negro quen cun tiro lonxano o cal un mal bote complicou ao porteiro visitante tamén andou preto de inaugurar o casilleiro.

A pouco do final un erro defensivo local a altura do medio campo despois dun saque de esquina a favor fixo que o Corme dispuxera dunha gran ocasión, un derribo en falta por un defensa do Muxía conseguiu que o resultado final fora un empate.

Coristanco - Dumbría B (1-6)

  • CORISTANCO: Nacho, Rubén, Daniel, Naya, Pichel, Gonzalo, Dani (Cristian, min.75), Cristian (Adrián, min.35), Magovi (Mosquera, min.85), Martín (Corral, min.46) e Brais.
  • DUMBRÍA B: Brais, Yerai, Denís (Kevin, min.75), Toja, Andi, Pereira (Jano, min.70), Dani Picallo, Josiño (Roberto min.65), Mario, Jesús (Adrián Alcaina, min.60), Roi (Adrián Patera, min,55).
  • Goles: 0-1, min.43: Dani Picallo; 0-2, min.46: Dani Picallo; 0-3, min.50: Yerai; 0-4, min.55: Josiño; 1-4, min.65: Brais, de falta directa; 1-5, min.75: Mario; 1-6, min.80: Adrián Patera.

Pouco puido facer o Coristanco ante un equipo moi superior, malia aguantar moi ben a primeira metade. Os locais que conta cun plantel con varios cadetes e xuvenís de primeiro ano, non baixaron os brazos en ningún momento e loitaron ata o final, pero as fozas non aguantaron no segundo tempo. De non ser por o meta Nacho os locais puideron levar unha goleada maior.

Malpica - Camariñas (0-0)

  • MALPICA: Víctor Martínez, Miguel Ángel, Jorge, Javier, Pepis, Joro, M. Maradona (Víctor Novo, min.50), Diego (Eme, min.52), Juny, (Almeida, min.65), M. Uruguaio e Camilo.
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Juan Carlos (Mariño, min.70), Diango, Yago, Bieito Villar (Mateo, min.83); Saviola, Gatusso, Martín (José Carlos, min.46), Javi (Maikel, min.59), Ismael e Nené.

O vento tan habitual nos campos da costa volveu a facerse notar na Pedra Queimada, deixando un partido cunha parte para cada equipo. O Malpica foi superior na primeira metade, chagando moi ben por bandas e creando perigo a través de Uru e Camilo. Tivo un par de ocasións o conxunto local pero non foi capaz de traducilas a goles.

Na segunda metade cambiáronse os papeis. O Camariñas fíxose co dominio do encontro. Un lanzamento de falta de Diando que se estrelou na cruceta e un córner olímpico de Saviola que petou no longueiro foron as ocasións máis salientables dos camariñáns, que chegaron a pedir algún que outro penalti que o colexiado non apreciou como tal.

Ponteceso - Laxe (1-0)

  • PONTECESO: Xurxo, Diego (Ismael, min.55), Fabián, Diego Collazo, Dani Cotelo, Mendieta (Diego Mourelle, min.60), Alberto Recarey, Cristian, Jonhatan (Eloy Álvarez, min.70), Eloy Campo (Iago, min.65), Dani Valle.
  • LAXE: Anxo, Adri, Juan, Dani, Roberto, Eloy, Rellán, Carril (Carlos, min.75), Manu, Djamel (Adelantado, min.65), Adri Lema.
  • Goles: 1-0, min.85: Cristian

Partido moi igualado, de poder a poder, cun Ponteceso que tivo máis o control do balón pero sen poder crear apenas ocasións. De feito, ao longo dos 90 minutos, os de José Manuel Vázquez só tiveron un par de ocasións, e foi a calidade de Cristian a que decidiu o choque xa contra o final.

O Laxe, recén estreado, amosou unha boa cara dirixido por Toni, e estivo moi ben colocado ao longo de todo o encontro, e tentouno a algunha contra perigosa.

Cabana - Zas (3-2)

  • CABANA: Sergio, Valiña (Manuel, min.70), Francés, Ismael, Dani Mato, Aless (Rubén Darío, min.55), Mato (Moreno, min.61), Pablo, Iván Mato, Miki e Stefan (Cristian, min.89).
  • ZAS: Miki, Esteban, Josito, Fuentes, Óscar (Ramón), Amado, Rony (Quintans), Isma, Pastor, Adri (Conchi), Kevin.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván Mato; 2-0, min.27: Pablo; 2-1, min.40: Rony; 2-2, min.65: Ramón; 3-2, min.80: Iván Mato, de penalti.
  • Expulsión: o xogador do Zas, Fuentes, no min.60.

Encontro marcado polo aire e un fútbol moi directo polo que optaron os dous equipos o que propiciou que se viran un choque con moitas imprecisións e interrupcións. Os locais foron superiores na primeira metade na que conseguiron marcar dous goles e incluso puido ser algún máis. Dous erros do meta cabanés tras complicadas xogadas a balón parado propiciaron que o Zas igualara o choque. Xa na recta final, unha contra levada por Stefan acabou con derribo deste na área, a pena máxima non foi desaproveitada por Iván Mato para darlle os tres primeiros puntos ao equipo cabanés.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios