1ª Autonómica: Comezo con mal pé para Cee e Ponteceso

Comezaron o Cee e o Ponteceso a súa solitaria singradura este curso pola 1ª Autonómica. E non foi bo o comezo para os dous conxuntos costeiros que caeron por igual resultado ante Villestro e Cariño, dous novos na categoría.
Villestro - Cee (2-0)

- Cee: Parroto, Nico, Jacobo (Fermín, min.54), Julito, Jorge (Luis, min.64), Piquero, Penedo (Riveiro, min.64), Ángel, Fernando, Diego e Tasky.
- Goles: 1-0 min.31. 2-0, min: 91: á contra cun Cee volcado.
Partido moi malo do Unión Club Cee que deu moitas facilidades na parte traseira. O Villestro non sentenciou ata o minuto 90 pero tivo numerosas ocasións para facelo ante un Cee que non amosaba a súa mellor cara.
Semella que os ceenses aínda están tomando pulso á competición, pero aínda hai moito tempo para enderezar o rumbo.

Ponteceso - Cariño (0-2)
- Ponteceso:Norberto, Rubén, Carlos, Fabián, Dani, Josito (Jorge, min.55), Toniño, Luisete, Zalo, Rubio, Nando (Puente, min.55)
- Goles: 0-1, min.2: de falta directa; 0-2, min.90: á contra.
Con 7 baixas e varios xuvenís se presentaba o Ponteceso neste debut na 1ª Autonómica, tras unha complicada pretemporada. E o equipo de Berto deu a cara, pero saíu mal parado, cun tanto no minuto 2 e outro no 90.
A primeira metade non foi boa para os locais, que comezaban cun tanto en contra de falta aos dous minutos de xogo.
Pero recuperou o ton o Ponteceso na segunda. Iso si, a falta de puntería fixo que as 3 ou 4 boas ocasións para empatar foran desperdiciadas. "E se fallas en primeira, xa se sabe", apuntaba o míster. Xa co equipo volcado, unha contra letal do Cariño puña o definitivo 0-2 no marcador.
Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: En proceso de adaptación.
- Resultados da primeira fin de semana de setembro.
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
Máis novas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Unión Club Cee.