Fisterra, As Baleas, Corcubión e Manuela Rial, nas finais do Conco das LCFS 2016

O Equipo Benxamín do Concello de Fisterra, con Fran, estará nas finais

O pasado venres disputábase en Cee e Vimianzo as Semifinais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala que organiza o Club Deportivo Costa da Morte. Os peques infantís, alevíns e benxamíns mediron forzas, e houbo moita igualdade. De feito, na eliminatoria de categoría benxamín desputada entre os equipos de Fisterra e Manuela Rial, o clasificado para a final foi C. Fisterra tras impoñerse a Manuela Rial na tanda de penaltis.

Deste xeito, clasificáronse para as Finais, que terán lugar o próximo venres 29 de xaneiro no complexo deportivo do Conco, en Dumbría, os seguintes equipos: 2 equipos das Baleas, 2 equipos de Fisterra, un corcubionés e outro ceense do Manuela Rial.

O Corcubión, con Ka, tamén estará nas finais das LCFS

Resultados das Semifinais das LCFS 2016

Finais das LCFS 2016

As táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas das LCFs

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).