O Fisterra métese nas 3 finais das LCFS

11:23 10/02/15

Esta pasada fin de semana, os pavillóns de Baíñas e Vimianzo acollían as semifinais da XVIII Liga Comarcal de Fútbol Sala Base Costa da Morte, as LCFS. Partía o Fisterra como favorito tras unha fase regular impecable nas 3 categorías.
E así aconteceu. Os equipos fisterráns metéronse nas finais das 3 categorías. Loitarán os fisterráns conha o Muxíua, o Manuela Rial e As Baleas.
Unhas finais que se disputarán o vindeiro venres 13, a partir das 18:00h no pavillón de Dumbría.
Resultados das Semifinais
Categoría | Equipos | Pavillón | Hora |
Benxamín | C. Fisterra 7 – As Baleas 2 | Baíñas | 18:00 |
Alevín | C. Fisterra 6 – As Baleas 5 | Baíñas | 19:00 |
Infantil | C. Fisterra 3 – EF. Corcubión 0 | Baíñas | 20:00 |
Benxamín | C. Muxía 3 – C. Dumbría 2 | Vimianzo | 18:00 |
Alevín | Manuela Rial 2 – EMF. Vimianzo 1 | Vimianzo | 19:00 |
Infantil | As Baleas 11 - Lira 2 | Vimianzo | 20:00 |
Finais da LCFS (13-02-2015)
Categoría | Equipos | Pavillón | Hora |
Benxamín | C. Fisterra – C. Muxía | Dumbría | 18:00 |
Alevín | C. Fisterra – Manuela Rial | Dumbría | 19:00 |
Infantil | C. Fisterra – As Baleas | Dumbría | 20:00 |





Crónicas das LCFs
- O Fisterra arrasa nas LCFS e parte como favorito para as semis
- Os peques do LCFs chegan ás semis.
- Xa roda o balón nas mixtas LCFs.
- Arrincan as mixtas LCFs.
- 2013/2014: Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).