Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte

Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte
LCF-Alv_Fisterra_AsBaleas02

A fin de semana deportiva abríase o venres coa disputa das finais da XVII Liga Comarcal de Fútbol Sala “Costa da Morte” nun pavillón, de Muxía, ateigado de xiareiros dos equipos clasificados. A competición organizada polo Club Deportivo Costa da Morte, en colaboración coa Xunta de Galicia, desenvolveuse nun gran ambiente e con total deportividade.

Gradas ateigadas para as finais LCFs

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

LCFs, Finais

Benx. C. Fisterra 7-4 As Baleas
Alev. EMF. Vimianzo 2-1 C. Dumbría
Inf. As Baleas 2-7 EF. Corcubión

Nos Benxamíns

LCFs-Bnx_Fisterra_Campion

Abría a competición o partido de benxamíns entre o C. Fisterra e As Baleas. Foi un partido bastante igualado en canto a xogo se refire pero no que os de Fisterra fixeron valer a súa eficacia goleadora personificada en Hugo Baldomar que marcou os sete goles do seu equipo. A pesares de ir perdendo As Baleas nunca deron o seu brazo a torcer e estiveron a piques de empatar o partido en dúas ocasións, pero os da Vila do Cristo reaccionaron rápido e non se deixaron coller.

LCFs-Bnx_Baleas_Subcampion

Nos Alevíns

LCF-Alv_Vimianzo_Campion

A segunda final, alevín, foi a máis igualada das tres. Un partido tremendamente táctico no que os rapaces de Paco remontaron un marcador adverso. Empezaba marcando o Dumbría mediada a primeira metade, pero o Vimianzo non se descompuxo e froito dun rexeite David acadou o empate no primeiro tempo. Mediada a segunda metade foi Lucas o que poñía o definitivo 2-1 no marcador. O Dumbría intentouno no treito final do partido pero os vimianceses non deron opcións.

LCFS-Alevin_Dumbria_Subcampion

Nos Infantís

LCFs-Inf_Corcubion_Campion

Na categoría infantil o Corcubión acadou unha clara victoria ante un equipo de As Baleas que tentou xogar en todo momento a pesares da súa inferioridade. Os de Corcubión controlaron en todo momento o choque, xa que se adiantaron na primeira xogada do partido e foron ampliando paulatinamente a diferenza.

LCFs-Inf_Baleas_Subcampion

Fases comarcais

Os tres equipos campións de liga xogarán a fase intercomarcal ante os equipos da comarca do Barbanza e Santa Comba. Será aló polo mes de abril.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios