Xa roda o balón nas mixtas LCFs


Vén de Club Deportivo Costa da Morte de recibir un dos Premios Galicia á Xestión Deportiva. De noraboa estamos na bisbarra, con este grupo de xente que precisamente son os encargados de organizar as Ligas Comarcais de Fútbol Base. Unhas LCFs que arrincaban esta fin de semana con moita ilusión.
Máis de 200 rapaces e rapazas saltaron ás pistas para empezar esta competición, que conta con 24 equipos en 3 categorías. Unha Liga que a novidade é a incorporación de varios equipos femininos, como é Fisober en Alevíns e o Vila de Cee en Infantís, das que precisamente vemos o primeiro partido ante o Manuela Rial.
A máis numerosa é a LCF Benxamín, na que compiten 11 equipos. Na primeira xornada parece que a cousa está bastante igualada, pois vimos unha goleada, a do C. Muxía en Zas. 14 goles que colocan de líder ao equipo da Barca. Pero tamén gañaron os seus encontros o Manuela Rial no derbi ante o Olimpia, o C. Fisterra noutro apretado duelo en Dumbría, e o Fisober, que se estreaba coa primeira vitoria feminina ante o EFM Vimianzo B.
Tamén temos ao cadro muxián líder da LCF Alevín, despois de meterlle 7 tamén ao Zas. O Fisterra tamén gañou en Dumbría e o Manuela Rial impediu que as rapazas do Vila de Cee arrincasen con vitoria.
Só son 4 os equipos da LCF Infantil, e As Baleas colócase como primeiro líder tralo único partido da xornada despois de golear ao Corcubión. O segundo encontro xornada terá que esperar ata a 5ª xornada, pois os calendarios son unificados. A última xornada, a 11ª, será o 30 de xaneiro.

LCFs en FútboldaCosta.com
Crónicas das LCFs
- Arrincan as mixtas LCFs.
- 2013/2014: Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
-
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- Ligas Galegas: Pleno en casa.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda escapa.
- 2ª Autonómica: O San Lorenzo asalto o liderato.
- 1ª Autonómica: O Baio é moito líder.
- Preferente: Sen fortuna.
- Resultados e análise da última xornada de outubro no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).