José Manuel Conde Lema, conságrase como Campión Galego de Quadcross Q2

Jose Manuel Conde Lema campion galego de Q2

Xa temos relevo para o gran Toni Trillo, retirado o ano pasado. Chámase José Manuel Conde Lema, e tamén natural de Dumbría, aínda que reside en Vimianzo. Aos seus 29 anos, vén de procalamarse Campión Galego de Quadcross en categoría Q2, na proba celebrada en Morás a pasada fin de semana.

Todo un cumio a unha gran temporada que serve para afianzarse no máis alto nivel da competición galega.

Unha rápida carreira

José Manuel comezou hai 8 anos ao quad. Hai 4 anos, en 2013, xuntouse con varios amigos nun circuito que fixo o Concello de Dumbría para pasar as fins de semana. Foi aí cando Toni Trillo "apadriñou" a este rapaz, que xa en 2014 compezou a competir no Campionato de Castilla e Leon de QuadCross Country. Aí gañou a súa primeira carreira, na categoria de Afeccionado, o que serviu de trampolín para meterse de cheo nas competicións.

En 2015 probou sorte a facer o Campionato completo, unhas 6 carreiras, e gañou 5 quedando campión de Castilla e León de QuadCross Country na categoría de Afeccionado.

Tocaba dar un paso adiante e en 2016 subiu de categoría, correndo xa na máxima “OPEN”m acabando 4º clasificado e destacando con dous 3º postos. Nese mesmo ano competiou xunto a Toni Trillo no Campionato Iberico Oftrack en Portugal gañando o campeonato por equipos, na que foi a última proba do padriño.

2017, temporada da consagración

E neste 2017 Conde debutaba no Campionato Galego de Quadcros na categoría de Q2. 7 carreiras das que puido saír en 6, vencendo nunha e facendo cinco 2º postos que lle valeron para proclamarse Campión Galego da categoría.

Agora xa pensa en facer para a vindeira campaña o Campionato de España de Quadcross, sempre e cando saia algún patrocinador que poida axudar…. O problema de sempre.

En todo caso, Conde non pode deixar de agradecer a colaboración da súa parella, pero tamén de Ricardo Canosa Senra (Rmotor), Bruno Pais Lema, Toni Trillo, Luis Soto e a Oftrack.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).