Lira estrea un circuito de Radiocontrol
03 de agosto de 2012 (09:05 h.)
Este sábado 4 de agosto celebrarase en Lira algo novidoso na nosa bisbarra, trátase dunha Carreira Exhibición de Radiocontrol. O motivo desta será a inauguración do novo circuito de Portocubelo e nel competirán os participantes do Campionato Galego de RC TT, incluindo o campión do ano pasado.