Novo partido entre Solteiras e Casadas en Muxía

Moito tirón teñen estes enfrontamentos entre solteiras e casadas. E teremos máis citas, xa que a A.C. San Roquiño do Monte, coa colaboración do Concello muxián e o FIsober, organiza este domingo 8 de maio o I Torneo de Fútbol Sala San Roque 2011. O torneo disputarase no Pavillón de Muxía e enfrontara a partir das 17:00 h a un combinado de Solteiras de Muxia, dirixidas por Fran Toba, contra un combinado de Solteiras de Vimianzo dirixidas por Jordi de Pasarela.

A partir das 18:00 tocaralle o turno ás Casadas de Muxía, dirixidas por Manel Sánchez contra as Casadas de Vimianzo dirixidas por Manuel Soto.

As xogadoras muxianas están preparando o partido a conciencia xa que entrenaron o luns e o mércores e propuxeronlle os adestradores entrenar tamén o venres para ultimar os detalles do partido do domingo.
A mala nova de última hora chega da xogadora Sandra, que se lesionaba de gravidade no adestramento de onte. Sandra terá que ser operada do tendón de aquiles, así que lle damos unha forte aperta e lle desexamos unha pronta recuperación.

A organización espera que unha boa afluencia de público, xa que son dous partidos dos máis interesantes que se poden ver a dia de hoxe.

Ao remate do partido procederase á entrega de Trofeos ás 1ª clasificadas e a continuación as xogadoras de ámbolos conxuntos poderan degustar uns pinchos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.