Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas

Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas

Hoxe, o compañeiro Fran Toba, presidente e adestrador do Fisober Concello de Vimianzo e un dos míticos do fútbol da Costa, achéganos uns conselliños. Consellos que van dirixidos aos pais, a todos eses pais e nais que cada fin de semana van ver aos seus cativos xogar ao fútbol, ao baloncesto, á vela, ao hoquei, ou a calquera outro deporte.

Uns consellos de Fran Toba para pais de novos deportistas

O que vostedes, pais de novos deportistas, deberiades facer

  • Realizar as actividades deportivas cos seus fillos sempre que lles sexa posible.
  • Estar presentes nas competicións nas que eles participen, sen presionalos nin entrometerse, adoptando unha actitude serena e comedida.
  • Dar un bo exemplo relacionándose amigablemente cos pais e acompañantes dos seus adversarios fomentando en todo momento o compañerismo.
  • Destacar sempre o pracer de facer deporte, a alegria de participar.
  • Axudarlles a compatibilizar a actividade escolar e deportiva.
  • Ensinarlles a respetar as regras de cada modalidade, o xogo limpo e moi especialmente ós adversarios.
  • Ter sempre presente que os protagonistas son os nen@s e son eles os que se esforzan e se divirten.
  • Axudar o adestrador e os responsables do club a resolver os problemas que se presenten, mantendo unha relación fluida e amigable, que lles motive a realizar a súa labor.
  • Ter unha actitude positiva ante as derrotas, axudando o nen@ a afrontalas con naturalidade.

O que non deberían facer

  • Obrigar os seus fillos a participar en competicións deportivas.
  • Discutir e recriminar os árbitros e xuices.
  • Comentar públicamente de forma despreciativa o comportamento dos xogador@, adestradores, árbitros...
  • Inferir no traballo do adestrador.
  • Criticar os fracasos e esixir resultados as nenas.
  • Contribuir a crear expectativas esaxeradas sobre as súas posibilidades como deportistas.
  • Apoiar os seus fillos cando responsabilidades a terceiros (árbitros, adestradores...).
  • Alimentar con eloxios fáciles a aparición de actitudes de vanidade e prepotencia.
  • Prohibir a práctica deportiva como forma de castigo, en particular cando obteñen malas calificacións escolares.
  • Convertirse, ainda que sexa inconscientemente, nos protagonistas da actividade deportiva que realizan os seus fill@s, fixando metas, os obxectivos e as esixencias.
  • Fran Toba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios