Venres. 19.04.2024
El tiempo

Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa

Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa

Preto de 200 persoas puxeron un ambiente de festa no Municipal de Vimianzo para presenciar o debut da 1ª Selección da Costa femenina no marco do I Trofeo Fisober C. Vimianzo. Un día tan só ensombrecido pola chuvia que fixo acto de presenza durante todo o evento.

Un combinado formado por unha selección de xogadoras da Costa da Morte dirixidas polo futbolista local e tamen adestrador do Fisober de fútbol sala femenino, Fran Pioto (actualmente nas filas do Camariñas) enfrontabase ó Orzán SD Femenino, único representante da provincia na Segunda División do fútbol femenino estatal e tras certificar un máis que meritorio oitavo posto na mencionada categoría incluindo seu nome entre os catro mellores equipos galegos da actualidade.

I Trofeo Fisober C. Vimianzo

    Resultado: Selección da Costa, 3 - Orzán SD, 1
  • Selección da Costa: Eva, Elsa, Noelia, Hue, Sara, Ana, Barca, Lara, Nuria, Patri e Alba. Tamén xogaron: Mirella, Ylenia, Maria, Olalla, Tamara e Paula.
  • Orzán SD: Mari, Raquel, Santos, Anita, Carballo, Nerea, Isa, Eva, Cata, Ani e Soto. Tamen xogaron: Oli e Alba
  • Goles: 1-0: Nuria; 2-0: Noelia; 3-0: Alba; 3-1: Ani.

O equipo herculino contaba con numerosas baixas no seu plantel debido á festividade de Semana Santa e a que parte das suas estrelas formaban para a escuadra costeira como son as habituais nas alineacións orzanistas Hue, Sara, Barca e Alba.
As aurinegras estaban dirixidas por Diego Fernández (actual adestrador do equipo B) que toma as rendas do conxunto de cara á disputa da Copa Galega na que esta inmerso nestes momentos o Clube.

Partido entretenido e con bo xogo que dominaron na 1ª metade as locais propiciando boas chegadas en combinación sempre baixo a batuta de Barca, moi enchufada todo o encontro.
Ana, Patri e a propia Barca bastaronse para construir as ocasións da Selección da Costa dominando ó mesmo tempo a parcela media do terreo de xogo e gañandolle a partida ó binomio formado por Isa e Nerea.
Nuria en xogada personal desfaciase do seu par para lanzar un misil á escadra dereita de Mari contra o que nada puido facer a meta orzanista.

Noutra boa combinación entre Ana e Barca, era Noelia a que aproveitaba para desnivelar ainda máis o marcador a favor das locais Antes do descanso e aproveitando un erro na entrega da meta orzanista, era Alba a que poñia o 3-0 no casilleiro.

Trala reanudación o Orzán recompuxo líneas adiantando a posición de Isa e formando na medular con Eva o que facilitaba a saida do balón.
O bo xogo de Ani de espaldas o marco e as incisivas entradas de Cata puxeron en serios apuros a meta defendida por Eva en varias ocasión ata que foi a propia Ani a que aproveitou a saida dun corner para establecer o tanteo definitivo do partido.

Ambiente e trofeos

Gran ambiente e expectación para presenciar o encontró con máis de 200 personas na grada entre os que se encontraban os 4 representantes políticos que tomaran parte nas próximas eleccións municipales a Alcaldía de Vimianzo, asi como Miguel, deportista Ilustre do Concello de Vimianzo exfutbolista do Levante, Castellón, Deportivo, Figueres e Montañeros.

Á finalización do mesmo entregaronse os pertinentes Trofeos de Campión e subcampeón, así como a de mellor realizadora para Ani (Orzán) e a mellor xogadora para Patri (Sel. Costa).

Trofeo solidario

O evento tamén serviu para que as futbolistas de ambos conxuntos prestaran a sua colaboración na difusión da campaña 1 de 200 da ONG “Implicadas no Desenvolvemento que lucha a favor de la igualdad de géneros y contra el infanticidio femenino en países coma la India”.

Desde a directiva do Fisober queren agradecer a todos os que colaboraron para que este evento puidera sair adiante: Concello de Vimianzo, Carniceria Jemisa, Electricidad Manolo, Autos Costa, Supermercado Dia, Hamburgueseria London, Representaciones Juan e ao Soneira SD.
Ademais, tamén hai que agradecer tamen o seu traballo desinteresado a Leiva e Kiko (directivos do Soneira) así como tamén a Maria Jose.

Novas relacionadas

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Crónica de Manu Sánchez, adestrador do Orzán femenino.

Comentarios