Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Fisober busca rematar a Liga na 6ª praza da Liga Autonómica

O Fisober busca rematar a Liga na 6ª praza da Liga Autonómica

Tres goles de Alba e unha boa actuación de Paula na portería permitiron unha tranquila vitoria do Fisober na visita a un novo equipo como é o do Carballiño. Ao igual cas de Fisober, o equipo ourensán anda na procura de mellorar a clasificación neste fin de tempada, pois quedan tan só 2 xornadas.

Liga Autonómica

  • Resultado: CARBALLIÑO F.S., 3 – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO 7.
  • FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Ana, Olalla e Alba; tamén xogaron ; Elsa, Barca, Noelia e Myrella.
  • Goles: 0-1: Alba, 0-2: Elsa, 0-3: Olalla, 0-4: Alba, 0-5: Alba, 1-5: Vanessa, 2-5: Noelia Domínguez, 2-6: Patri, 2-7: Ana, 3-7: Vanessa.

Encontros de ida e volta ao que de saída aclimatáronse mellor as locais. Nos primeiros minutos dúas contras de Noelia Domínguez de Jeannette puxeron en moitos apuros as de Fisober. Pero despois duns 5 primeiros minutos que serviron para desperezarse do longo viaxe as visitantes puxéronse o frente.
Primeiro foi un tiro de Patri o pau e no seu posterior rexeite a porteira local Sonia freaba a Olalla. Os seis minutos unha falta era sacada rápido por Ana para Alba que inaguraba o marcador. E case deseguido Olalla tiña opción de poñer o segundo pero non era quen.

As locais moi perigosas a contra respostaban por medio de Soraya. Mediada a primeira metade era Barca quen se topaba primeiro ca porteira local e pouco despois de novo co pau. Así os dez minutos Noelia vía sola a Elsa no área para que puxera o 0-2 no tanteador. E solo un minuto despois de novo Elsa era obxecto dun penalti que transformaba Olalla no 0-3.

Tentou respostar Carballiño por medio de Noelia Domínguez pero non foi quen de batir a Paula. No constante ida e volta que se converteu o partido Myrella por parte de Fisober enviaba o balón o pau. As de Carballiño seguían a ver en Paula un muro e nin Vanessa ata en tres ocasións e Jannette eran quen de batila. Por parte de Fisober eran Barca e Alba as que dispuñan de boas ocasións previas o descanso. Aínda que Alba a oito segundos do intermedio si que viu un oco e fixo o 0-4.

Nada máis comenzar a segunda metade de novo Alba facía o 0-5 e o terceiro na súa conta. O cal respostaba a local Vanessa cun golazo co calcaño para facer o 1 a 5. O partido abriuse se cabe máis e Vanessa por dúas veces tentou reducir diferenzas, a cal respostou Alba na busca do seu carto gol da tarde. As de Carballiño estaban dispostas a apretar o electrónico e primeiro a xoven Andrea a piques estaba de logralo. Quen si o logrou foi Noelia Domínguez para facer o 2 a 5 no minuto oito desta segunda metade.

Fisober decidiu reaccionar e Noelia tentou aumentar diferenzas. Quen si o logrou foi Patri a falta de sete minutos para o final poñendo o 2 a 6. O partido seguía a ser tolo si Noelia Domínguez e Vanessa o tentaban para as locais , Ana facíao para as de Fisober e incluso Olalla erraba un penalti despois dunha clara man na área.
Quen non errou foi Ana a seis minutos para o fin e poñía o 2 a 7. Dende aquí ata o final a xogadora do Carballiño Vanessa poñía o 3 a 7 definitivo e as visitantes Barca, Alba e Elsa non conseguiron incrementar o resultado.

Vindeira cita

A vindeira semana o Fisober visitará a pista do Funeraria Apostol de Santiago ás 16:30 no Municipal do Restollal. Partido moi importante para o equipo santiagués xa que unha vitoria asegurariallle o pase a Copa Autonómica. Pola súa parte o Fisober xogase quedar 6º na clasificación a falta de unha xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios