O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo

Empezar ben a liga sempre da moitos ánimos.Así valora a familia Anorthosis o comezo de campaña na 3ª División Nacional.Mentres, derrot do Concello de Zas Aquacénit na 1ª Galega, e no derbi da 2ª, O Pinar demostrou a súa veteranía ante o Construcciones Cernadas.

Pero a nota salientable da fin de semana é que a familia soneirá segue extendendo o tenis de mesa pola comarca. Así o martes empezaron as clases-entrenamentos en Pino de Val e onte mércores o fixeron en Vimianzo.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Afer Formación de Rábade - Anorthosis Vimianzo 1-5 (8-17)

Importantísima vitoria do Anorthosis Vimianzo en Rábada, e ademais fixoo de forma contundente ante un equipo que vai a ser un dos fortes neste grupo. Excepcional o xogo realizado polos xogadores soneiráns donde plasmaron os esforzos nos entrenamentos do último mes, xa deran mostras do bo estado de forma no torneo de Gondomar e neste inicio de liga plasmarono con este resultado.

Polo Anorthosis xogaron: Gonzalo Martínez (Gonchu) gañou os dous partidos 3-2 a Pedro Fernández e Alejandro Martínez. Roi Martínez (Roi) gañou os dous partidos, 3-0 a Alejandro Martínez e 3-1 a Eliot López. Miguel Rey (Miki) gañou 3-0 a Oviido Fernández e cediu 2-3 ante Pedro Fernández (nº 1 de Rábade).

1º División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - A.D. Dubratambre 3-3 (12-12)

Na 1ª galega o Concello de Zas Aquacenit cediu un empate ante o Dubratambre, onde Stevo non foi capaz de rematar ben un partido casi gañado. Chris Roy gañou os dous partidos 3-1 e 3-2. Stevo gañou 3-0 e cediu no 6º partido 2-3. A infantil Laura Quintáns non foi capaz de dominar os nervios do inicio e cediu 0-3 e 1-3 ante os xogadores veteráns de Bembibre.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Construcciones Cernadas 5-1 (16-11)

Na 2ª galega enfrontábanse os dous equipos do clube, Concello de Zas O Pinar e Construcciones Cernadas, que deron un bo espectáculo sobre todo nos 3 primeiros partidos, moi igualados, e que se resolveron 3-2 para O Pinar. Agora a esperar como están de fortes os outros equipos do mesmo grupo para valorar as aspiracións de cada un deles.

Vindeira xornada:

  • Sábado 11 de outubro no ximnasio do CPI de Zas:
    - As 16'00 h. Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia “D”.
    - As 18'00 h. construcciones Cernadas- Liceo Noia “D”.
    - En Oleiros: As 16'00h. Breogan Oleiros "B" - Concello de Zas Aquacenit.
    - En Oleiros: As 18'00 h. Breogan Oleiros "E" - Concello de Zas Aquacenit.
  • Domingo 12 de outubro no ximnasio do CPI de Zas: As 11'00 h. Anorthosis Vimianzo - Club Narón TM.

Novas relacionadas

Campañas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.