Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias

A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias
Partido de tenis de mesa da familia Anorthosis

Bo remate das ligas regulares para a familia do Anorthosis, con vitorias, para completar unha temporada máis que satisfactoria. Aínda queda algunha fase para certos equipos, pero o groso está feito, e con boa nota.

3ª División nacional

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Ferrol TM 1-6 (3-21)
En 3ª División nacional recibía o Anorthosis Vimianzo no último encontro esta liga ao líder invito da división, e por suposto que demostrou por que é o lider pois impúxose con claridade. Só Stevo foi capaz e gañar o seu partido e para eso tivo que remontar un 0-2. Os do Anorthosis tomaron o encontro como aprendizaxe e ver o nivel para ascender en futuras temporadas. Ao final todos xuntos a tomar un aperitivo e comentar as anécdotas este deporte.

1ª División galega

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Lareka Autosisán 7-0 (21-7).
  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Guisseppe Anthony 6-1 (19-9)

En 1ª galega o Concello de Zas O Gaiteiro gañou o seu derbi cos que van a ocupar praza e descenso. E impúxose con claridade a un Guisseppe Anthony, e que xa no encontro e ida fixera meritos para impoñerse. Ademais e moi bonito despedir a temporada na casa cunha vitoria. Resaltar que se nota a experiencia de Chiqui para solventar algún dos partidos comprometidos.

Por outra parte o Concello de Zas Aquacenit gañou sen problemas ao outro equipo de Ribadumia, Cafeteria Lareka Autosisán, pero fora contra eles onde sufrira a primeira derrota da temporada.

2ª nacional Femenina

  • Resultado: Aluminios Xeal - TDM Punto K (1-3).
  • Resultado: Aluminios Xeal - Narón Femenino (3-1).
  • Resultado: Aluminios Xeal - Concello Vilalba (1-3).
  • Resultado: Aluminios Xeal - Cidade Narón (1-3).

En 2ª nacional femenina seguen as rapazas a coller experiencia e capaces e gañar partidos. Na concentración e Naron foron co obxectivo e divertirse e abofé que o fixeron. Agora só lles queda a última concentración que será en Zas o 26 e abril.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios