A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas


Esta semana coñeceremos a I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa, pero hoxe queremos coñecer a nova Campiona Galega benxamín, a zaense Lorena Castro Martínez.
A xogadora do clube Anorthosis Vimianzo de tenis de mesa proclamouse o pasado mércores campiona galega na categoría benxamin femenino. Disputou un campionato impecable e na final remontou un 1º set adverso e logo no 4º set un 6-10 en contra para superar a Luisa Pintos (Vincios, Pontevedra) por 3-1.
Ademais xunto co seu compañeiro de clube Raúl López, tamén de Zas, conseguiron o 3º posto nos dobres benxamíns (nesta categoría xogán nenos e nenas indistintamente). Moi meritorio este 3º posto pois Lorena e Raúl remontaron por dúas veces dos sets en contra nas eliminatorias, circunstancia que tamén se repetiu no 3º e 4º posto. Só cederon en semifinais ante a parella do Club del Mar (que foi a campioa) por 3-1.
Ademais, na proba por equipos volveron a ter unha destacada actuación a pesar de que so acadaran o 4º posto. Non é obrigatorio traer trofeos tódolos días.

Neste campionato galego que se disputou no pavillón de San Xoán de Ferrol tamén participaron outros xogadores do Clube Anorthosis Vimianzo aínda que os seus obxectivos non son tan altos como os acadados por Lorena e Raúl.:
- En infantil participaron: Laura Quintáns, Brais Blanco e Gabriel Bouzas.
- En cadete: Joel Quintáns e Andrés Bouzas.
- En sub-23: Miguel Rey e Gonzalo Martínez.
- En alevín: Ana García e Marta Costa.
Resultados do fin de semana en tenis de mesa
Paralelamente o Anorthosis segue buscando o ascenso.
- 2ª Galega grupo centro:
- Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo (3-4).
- Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo (4-3). - 2ª Nacional femenina:
- Aluminios Xeal de Zas - Oroso (1-3)
- Aluminios Xeal de Zas - Cinania (0-3)
- Aluminios Xeal de Zas - Cambados (0-3)
- Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro (0-3).
Unha de cal e outra de area para Anorthosis Vimianzo na súa visita a Oleiros, quedaron a un paso do ascenso e agora a esperar que outros resultados lle favorezan e se consiga ese ascenso tantos anos esperado e loitado. De momento queda entrenar e gañar os tres encontros que restan con equipos da parte baixa da táboa e despois mirar os resultados dos demais.
Novas relacionadas
- O Anorthosis segue cara o ascenso e toma nota da Selección Española.
- O Anorthosis segue coas opcións de ascenso intactas.
- O Aquacénit deixouse en Noia as poucas opcións de ascenso que lle quedan ao Anorthosis.
- Laura e Lorena engrandecen o tenis de mesa costeiro.
- As promesas do tenis de mesa zaense sufriron sendas derrotas en Cambre.
- Anorthosis e O Gaiteiro amosan a súa superioridade nos derbis zaenses.
- O Anorthosis colle ritmo e pensa no ascenso.
- Anorthosis e Aquacénit empatan na 3ª praza.
- O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza.
- Pleno esperado para a familia Anorthosis.
- Anorthosis e Aquacénit suman pero ao Gaiteiro puidéronlle os nervos.
- O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo.
- A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena.
- O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis.
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.