Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa

O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa
O Anorthosis Vimianzo xa é equipo de 1ª División Galega

Parabéns a toda a familia do Anorthosis Vimianzo que ve como a súa descarada aposta polo tenis de mesa segue dando os seus froitos. O primeiro equipo conseguía este pasado sábado un ascenso tantas temporadas buscado e pelexado, que, por fin se convirte nunha realidade. Pero non foi fácil o logralo xa que non se soubo fixo ata a última xornada, iso si, cunha cómoda vitoria ante o Conxo Promesas, aos que tamén vencían os compañeiros do Concello de Zas Aquacénit.

Noraboa aos integrantes do equipo: Marce Tuñez, Angel García e Roi Martínez que foron os verdadeiros artífices deste ascenso. Pero os demais membros do clube Anorthosis Vimianzo tamén merecen a súa parte do éxito pois, dunha maneira o doutra, aí estiveron sempre dando o seu apoio, aplaudindo nos momentos bos e dando ánimos cando as cousas non rodaron tan ben. E se temos que destacar a alguén, ademais do bo de Stevo Lema, é a Ánxela e Mónica que estivo en todos os encontros dando consellos e animando sen folgos.

2ª División galega grupo centro

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Conxo Promesas (7-0) / (21-4).
  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Conxo Promesas (6-1) / (20-5).

En canto aos resultados da xornada, foron normais tendo en conta que o Conxo Promesas ocupa unha das prazas de descenso. Agora a entrenar para estar preparados para unha categoría mais alta e donde xa non haberá partidos fáciles.

Liga Intermunipal de Tenis de Mesa

Ademais, a fin de semana tamén viviu a 4ª xornada da I Liga Intermunipal de Tenis de Mesa, co seguinte resultado:

  • Resultado: Corcubión - Ponteceso (6-0) / (18-1).
Equipo Corcubion Tenos de mesa

Estes foron os parciais, dun choque con clara superioridade do Corcubión ante un Ponteceso que, por motivos de traballo non acudiu co equipo titular, pero como xa diciamos na semana pasada o bo que era ter máis compoñentes no equipo, que ao final dará os seus froitos, que así van collendo o gustillo da competición.

CorcubiónPonteceso
Martín Pérez3-0Justo Pose
Mario Iglesias3-0Iván Cousillas
Ben Heath3-0José L. Pérez
Martín Pérez3-1Iván Cousillas
Ben Heath3-0Justo Pose
Mario Iglesias 3-0 José L. Pérez

A destacar , como no encontro da semana o bo ambiente entre os compoñentes dos equipos e ao final disfrutamos todos dunhas cañas e da paixase da ría de Corcubión.

Clasificación

  • Corcubión 4 puntos
  • Muxía 4 puntos.
  • Ponteceso 0 puntos.

Próxima xornada

  • Sábado 4 de maio en Muxía, antigo mercado municipal: Muxía - Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios