O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria

Tralo ilusionante comezo de camapa, a familia Anorthosis afrontou a segunda xornada, cun empate que sabe a vitoria para o primeiro equipo, e severas derroras do Aquacénit en Oleiros, e dos equipos da 2ª Galega.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Club Narón TM 3-3 (10-11).
Empate entre o Anorthosis Vimianzo e o Club Narón TM, que a os soneirans sabe como a vitoria despois de ver a calidade dos rivais, son os favoritos nesta tempada para este grupo. Moi bo xogo o do Anorthosis que lles eleva moito a moral de cara a vindeiros encontros. Polo Anorthosis xogaron: Andrés Fagín, 0-3 contra Efrén Piñeiro e 3-1 contra Aleixo Rivera; Miguel Rey, o mellor neste domingo, 3-1 a Aleixo Rivera e 3-0 a Ishaí Piñeiro; e Gonzalo Martínez que perdeu 1-3 contra Ishaí Piñeiro e 0-3 contra Efrén. Non puido xogar Roi pero alí estivo no banco para dar ánimos e apoiar aos compañeiros, facendo equipo e unindo máis se cabe ao grupo.

1ª División Galega

  • Resultado: Breogán Oleiros B - Concello de Zas Aquacenit 5-1 (15-7)
  • Resultado: Breogán Oleiros B - Concello de Zas Aquacenit 4-2 (12-9)
Pouco que comentar nos outros encontros a non ser que o concello de Zas Aquacenit veu de valeiro de Oleiros donde esperaba sacar algún punto pero non foi o día para ningún dos xogadores, pois tanto laura como Stevo e Chris xogaron moi por debaixo do que deles se espearaba.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia D 0-6 (5-18)
  • Resultado: Construcciones Cernadas - Liceo Noia "D" 0-6 (2-18)
En 2ª galega normais as derrotas dos da casa ante os de Noia aos que xa se coñecen doutros anos, pero o nivel estase acercando e cada vez falta menos para igualar. Esperemos que para o vindeiro ano esteamos ao mesmo nivel.

Vindeira xornada

O encontros de tenis de mesa celebraranse todos o sábado pola tarde, 18 de outubro.

  • En Monforte, 3ª división nacional.:
    - 17:00h. CTM Ceibe - Anorthosis Vimianzo.
  • No ximnasio do CPI de Zas, 1ª división galega:
    - 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - SD Hípica (de A Coruña);
    - En San Lázaro (Santiago), 2ª división galega;
    - 17'00 h. Arteal Ventanas "B" - Construcciones Cernadas.

Novas relacionadas

Campañas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.