O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba

Despois dunha nova xornada completa, este mércores, a familia Anorthosis Vimianzo seguirá a súa premisa de espallar o tenis de mesa pola volta. O #Xuven_Tennis_Table será unha exhibición de pinpon con partidos para todos os que se quieran achegar ao Pavillón do Instituto este mércores 29 de outubro ás 18:00h. Terán mestres de primeira división, ou máis ben de 3ª, que xa é abondo!

Agora, repasamos a xornada pasada dos equipos soneiráns.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo 1-5 (6-17)
  • Resultado: Breogán Oleiros - Anorthosis Vimianzo 1-5 (9-16)

Dúas vitorias moi importantes do Anorthosis Vimianzo en Oleiros. A primeira contra os veteranos foi máis doada e os soneiráns impuxeron a súa clase e xuventude. Pero en cambio, contra o primeiro equipo oleirense non o foi tanto, a pesar de que o global presenta os mesmos números, pero os sets e por añadidura os partidos foron moi igualados.
Decisivo foi Fonchu conseguindo os puntos da vitoria; moi ben Roi, aínda convalecente da súa lesión de ombro, conseguindo 1 punto en cada encontro; e sobresaínte Miki non so polas súas catro vitorias (Gonchu tamen conseguiu as 4) se non por gañar un dos partidos máis disputados e igualados desta competición e ante un rival que ven de acadar moitas victorias en 2ª nacional o ano pasado como é Dani Sánchez.
Con estas vitorias o Anorthosis Vimianzo lidera o grupo de 3ª nacional xunto con Lalín e Narón.

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Club del Mar Xuvenil - Concello de Zas Aquacenit 5-1 (17-5)

Pouca historia que contar pois o Concello de Zas Aquacenit foi claramente superado polo Club del Mar Xuvenil de A Coruña e agora pasa o ocupar a derradeira posición na clasificación do seu grupo.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Guiusseppe Anthony - Concello de Zas O Pinar 4-2 (12-8)
  • Resultado: Guiusseppe Anthony- Cnstrucciones Cernadas 4-2 (12-6)

E en 2ª galega e no longo desprazamento a Ribadumia os dous equipos regresaron de baleiro. Iso si, cómpre salientar a primeira vitoria nun partido de Eduardo.

Vindeiras citas

Na vindeiro fin de semana será o campionato zonal en Lalín a onde se desprazarán 6 xogadores do Anorthosis, 2 infantiles masculinos: Brais Blanco e Manuel Costa; 1 infantil femenina: Laura Quintáns; 1 xuvenil: Joel Quintáns e 2 alevinas: Ana García e Marta Costa. Neste zonal virán xogadores das comunidades de Castela e León, Pais Vasco, Asturias, Cantabria e Galicia. Nel esperamos unha boa representación dos nosos xogadores e que algún deles se clasifiquen para o campionato estatal.

Novas relacionadas

Campañas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.