O Baio convoca de novo o curso de adestradores

O C.D. Baio volve organizar, un ano máis, un curso da Escola de Entrenadores da Federación Galega de Fútbol. Así, invita a todos aqueles que queiran facer o curso de adestrador de fútbol, que non perdan esta posibilidade de realizalo dende a Costa.

Datos

  • Para poder presentarse ó curso é necesario ter aprobado 2º de B.U.P. ou FP-1. No caso contrario hai que facer unha proba de acceso.
  • Todos aqueles que se teñan/queiran presentar a estas probas de acceso previas ó curso de entrenadores teñen as bases no Diario Oficial de Galicia nº 102 (27 de maio de 2011, páxinas 11.946-ss.) conforme á resolución do 9 de maio de 2011.
    Descargar as Bases [pdf].
  • Hai que cubrir o Anexo 1 desas bases e envialo xunto cunha fotocopia do DNI á Federación Galega de Fútbol (Escola de Entrenadores), Rúa Menéndez Pelayo, 18, 2º. 15005 A CORUÑA, antes do 18 de xuño.
  • O exame de acceso terá lugar o 2 de setembro de 2011 no I.E.S. "Cruceiro Baleares" (Universidade Laboral), Rúa Salvador Allende, Culleredo. As probas físicas realizaranse o 9 de setembro en Fontiñas (Santiago de Compostela).

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).