Martes. 30.04.2024
El tiempo

Movementos no fútbol muradán

Movementos no fútbol muradán

Mañá coñeceremos os novos Campionatos de fútbol que artellan dende Muros, pero hoxe coñecemos un pouco a actualidade do fútbol no concello sureño. I é que hai movemento.

A recente creación do Volantes de Baño deixa un novo panorama no fútbol muradán. Xa inscrito na 3ª Autonómica, buscará ir pouco a pouco asentandose no fútbol da Costa. Con este serán 7, 8 co desaparecido Monte Louro, que ademais soa tamén para voltar a competir, os equipos que hai dende a Serra ata Carnota, e pode que se xa unha zona moi pequena para tanto equipo. Como non, serán un equipo guerrileiro, como demostran xa as súas camisolas.

A creación de Volantes parte de moitos xogadores do filial muradán e doutros rapaces que estaban sen equipo. Por isto, segundo nos conta Fran Chuvasco, é case seguro que non seguirá o Muros B, e o clube focalizará esforzos en "conseguir un Muros potente para poder ascender".

Pero as decisións quedan pendentes da asemblea do venres.

Movemento no Muros

O que si sabemos é que tras 6 anos no banco muradán, e compartindo vestiario ata 11 anos con algún dos xogadores, Felipe Candamo deixa o banco. O adestrador ten gañas de ver algo máis fóra da bisbarra e busca equipo na Coruña para aproveitar e sacar o título 3 de adestrador. "Xa haberá tempo de voltar para Muros, pero se me despisto vaime dar a xubilación e aínda non marchei de aquí", apunta Felipe con gañas de novas experiencias pero co eterno corazón muradán.

Agora toca pensar no relevo, e que malia xa ten nome, o presi muradán quere esperar ata a Asemblea do venres para anunciar a decisión.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios