Resultados da fin de semana


Tres frontes quedan abertas no fútbol da Costa: a Copa, as fases de ascenso ás Ligas Galegas Cadete e Xuvenil; e máis un torneo amigable no que participou a Selección da Costa.
E lembren que xa teñen as crónicas da ida das semifinais en www.copadacosta.com.
Semifinais da Copa da Costa

A ida das semifinais foi como se agardaba. Por Santa Comba o derbi xalleiro entre Xallas e Castriz deparou un tenso e disputado encontro que rematou nun 2-2 que deixa todo completamente aberto cara á volta.
En Nantón, o Soneira impuxo o seu ritmo e leva un 0-2 para Vimianzo que pode ser definitivo. O ambiente nas bancadas de ambos campos foi fantástica e máis de 300 persoas acodiron aos partidos.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Malas novas para o fútbol costeiro. O Santa Comba, tras unha primeira metade malísima, caeu 3-1 ante o San Ciprián e despídese da Liga Galega Xuvenil. O 3-0 ao comezo da segunda, foi un varapao para os xalleiros, que intentaron ao longo de toda a segunda metade remontar o encontro, pero o gol de Iván que non foi suficiente para igualar a aliminatoria tralo 3-2 da ida, partido no que os locais deixaron vivos aos da Mariña.
Agora tocará intentalo o ano que vén, como nos confirman dende o clube.
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Queda un partido para seguir soñando co ascenso do Cabana á Liga Galega Cadete. O 1-1 ante o Peleteiro en santiago deixa todo aberto para que nas Redondas os cabaneses festexen un ascenso semellante ao que hai 3 anos conseguían os xuvenís.
Stephan marcou o empate no treito final e deixa as cousas moi ben cara a volta. Pero ollo con este Peleteiro, que foi moi superior na Liga ao Negreira, co que os cabaneses sufriron para pasar a anterior rolda.
Amigable da Selección da Costa
Ademais a Selección da Costa enfrontábase en Paiosaco aos combinados de Coruña e das Mariñas, nun triangular para celebrar o 50 aniversario do clube larachés. O cadro dirixido por Repi non xogará a vindeira semana a final co propio Paiosaco tras ser eliminado.
No primeiro partido a Selección da Costa e da Coruña empataron 0-0 e gañaron os coruñeses a penaltis. No segundo encontro a sele da Costa volvía empatar coas Mariñas, desta volta cun 1-1 e un gol de David Blanco. pero voltaron a gañar os das Mariñas na tanda de penaltis. Finalmente foi a selección coruñesa a que se clasificou para a final da vindeira semana ante o propio Paiosaco.
Novas relacionadas
Máis novas
- A Selección da Costa xoga esta fin de semana copeira con poucos sancionados.
- Crónicas dos Cuartos da Copa: Semifinais servidas con sorpresa.
- Resultados da fin de semana copeira.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Máis novas
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación e queren manter as 2ª e 3ª Autonómicas.
- A nova S.D. Fisterra vai tomando forma.
- Movementos no fútbol muradán.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).