Martes. 30.04.2024
El tiempo

Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación e queren manter as 2ª e 3ª Autonómicas

Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación e queren manter as 2ª e 3ª Autonómicas

Onte matiñan os clubes da Costa unha reunión en Baio convocada pola Asociación de Clubes da Costa da Morte. A cita estaba enfocada a tratar o plan de competición da Federación para os anos vindeiros, así como a planificación da Copa 2012.

Foron 14 os clubes (Outes, Mazaricos, Cee, Club do Mar, Baio, Soneira, Fisterra, Porteño, Muros, Baño, Corcubión, Xallas, Corme e Esteirana) que acodiron á xuntanza, que foi bastante participativa ata o punto de que saíron do pavillón baiés a 1:00h da mañá. A día de hoxe na Asociación de Clubes da Costa da Morte hai 20 clubes asociados, se ben a entidade quere que de aquí ao final do verán xa estean integrados os 37 da bisbarra.

A Costa non quere o Plan Constitucional

O punto máis importante da reunión foi o rexeitamento do novo Plan de Competición da Federación. Así, o fútbol costeiro quedará como está, cunha 2ª Autonómica, e unha 3ª Autonómica. Nesa liña votaron en contra da redución de equipos (18 actualmente) nas devanditas ligas.

Ademais, os Clubes da Costa votaron, nunha enquisa enviada pola Federación, en contra da separación das dúas 1ª Autonómicas, e deixaron patente que non queren marchar ao grupo santiagués. A súa decisión será trasladada á Federación.

Copa 2012

Igualmente tratáronse 6 propostas para a Copa da Costa 2012. Propostas como adiantar as fases previas a días santos ao longo do ano; que a Previa sexa xogada só polos equipos da 3ª; eliminatorias a partido único ata cuartos; evitar que equipos de Preferente e os últimos da 3ª participen na Copa...

Pola tarde confirmamos o pensamento dos clubes da bisbarra.

Tamén houbo unha proposta para crear unha 1ª e unha 2ª Xuvenil unindo os dous grupos actuais.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información

Fonte

Comentarios