O Club Xadrez Cabo Touriñán confirma a súa candidatura a todo

Jose Soneira, á dereita, contra a USC Arrincou a tempada para o Club Xadrez Cabo Touriñán, co ollo posto no ascenso. E así o refrendan os resultados das dúas primeiras xornadas, con vitoria dos xogadores muxiáns e corcubioneses. Nesta segunda xornada venceron por 2,5 a 1,5 á USC:
  • José Soneira - Ramón Fernández 1-0
José aproveitou a mala situación da Dama do seu rival e a falta de enroque para atacar no flanco de dama e facerse con vantaxe material, o xogador do USC rendiuse cando a posición estaba totalmente perdida.
  • Angelo Cassar - Manuel Lamas 1/2 -1/2
A partida chegou rápido ao final tras moitos cambios na apertura, Manuel tivo chances de vitoria poidendo crear un peón pasado, pero obtou por tratar de parar aos peóns do seu rival e a partida rematou en empate  
  • Ramón Franco - David Mosquera 0-1
O xogador do USC xogou a apertura Alekhine, Ramón obtou por xogar posicional e demasiado conservador. A partida estivo igualada ata chegar a un final de Dama cabalo e alfil con 5 peóns por bando e rematou tras un erro de Ramón na xogada 35 con mate imparable.  
  • Carlos Descalzo - José Sar 0-1
José planteoulle unha defensa india de rei ao seu rival, este obtivo ventaxa de espacio pero cometeu un erro ao final da apertura deixandose un cabalo. Pouco a pouco José foi aumentando a ventaxa ata acorralar ao rei inimigo.

Vindeira xornada

A próxima fin de semana non hai liga por ser entroido, xogan o sábado 17 contra o USC B.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).