O Dumbría apea ao Outes na previa da suculenta Copa Deputación
Arrincou a a suculenta Copa Deputación con 7 equipos costeiros en competición. Onte o campo do Conco acollía a rolda Previa na que se enfrontaban Dumbría e Outes. Foi o cadro local o que conseguía pasar a eliminatoria tras vencer por 4-1 nun partido claro para os de Diego Lobelos.
O partido deixou algún detalle de calidad e das novas incorporacións como José Marcote, que marcou dous goles, ou Yuyo, que tamén marcou completou a goleada Aarón. No equipo de Cambeiro marcou Deivi.
O partido colocábase 2-0 ao descanso aproveitando os locais un par de erros da defensa dos da Serra, pero a verdade é que os dumbrieses puideron levar unha renda máis ampla ao descanso. Na segunda igualouse a cousa, Elías a porta baleira pudo facer o 2-1, e dous minutos despois marcaban os locais o 3-0. Recurtaba de penalti Deivi para o OUtes, Diego Cespón xogábase a expulsión e Yuyo remataba a faena.
Facendo caixa
Os equipos van facendo contas en función dos suculentos premios económicos que hai por pasar eliminatoria. Así se o Outes leva 900€ (500 por participar e 400 por caer na rolda previa), o Dumbría suma xa 1.300. Ademais, a a taquilla vai a medias.
O Dumbría enfrontarase o domingo 30 ao Xallas na 1ª Eliminatoria. O que gañe pelexará en Dezaseisavos contra o gañador do farán Zas-Soneira, mentres que o que venza do choque Fisterra-Sofán xogará contra o Bergantiños.
Datos ligueiros
Comentamos xa que as Ligas da Costa poderían comezar a segunda ou a terceira semana de setembro. Polo de pronto xa sabemos que a Preferente comezará o 27 de agosto. O sorteo farase o vindeiro luns 31 na Asemblea Xeral. E a partir de aí, a mesma semana celebrarase a Asemblea da Costa.
Novas relacionadas
- As Ligas da Costa poderían comezar a segunda ou a terceira semana de setembro.
 - 7 equipos costeiros afrontan a suculenta Copa Deputación.
 
Máis información
Máis movementos de verán
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
 - Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
 - Javi Souto e Bruno, protagonistas do mercado.
 - Xallas e Dumbría animan o Mercado de Fichaxes “donClic”.
 - A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
 - Manolín volve aos banquiños.
 - Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
 - Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
 - Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
 - Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).