O Río Xallas volveu convertir Dumbría nun referente internacional da pesca sen morte

Impresionante o acontecido esta fin de semana na ribeira do Río Xallas. O máis granado da pesca sen morte internacional achegouse á Dumbría, que se afianza como referencia, tamén, no mundo da pesca con este Open Internacional do Río Xallas.

Na súa 6ª edición, o Club Salmo co apoio do Concello de Dumbría, artellou esta proba xa convertida nun dos eventos deportivos con máis prestixio a nivel inernacional, e así o demostra que as 34 prazas habilitadas para outras tantas parellas foron completadas de contado.

Foron 4 mangas no coto de pesca sen morte de Xallas-Beba, na modalidade de mosca con cola de rata. O compañerismo e o respecto pola natureza son básicos neste deporte, convertindo ademais a Costa da Morte nun referente mundial.

A maior peza, de 47,8 cm foi collida por Miguel Montoto. Os gañadores Josu e Ánder Pérez pescaron o maios número de pezas por parella con 68 capturas, mentres que o campión individual foi David Arcay con 41.
Estas foron as parellas que completaron o podio, pero xa poden ver todas asClasificacións do Open de Pesca Río Xallas 2015.

Novas relacionadas

Fonte e máis información