Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Xallas recibe á élite da pesca

O Xallas recibe á élite da pesca

Dobe cita nas vindeiras datas coa pesca na Costa da Morte. En Dumbría e máis en Carnota.

Open no Xallas

Os mellores mariñeiros daranse cita hoxe venres 11 de abril e sábado 12 en terras de Dumbría para participar no VIN Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas. 68 Deportistas, entre os que se atopan o Campión do Mundo David Arcay, o Campión de Europa Pablo Castro, o Campión de España Ruben Santos, e o Campión galego Jose Manuel Socastro competirán no Río Xallas neste evento que xa está consolidado como un dos mellores do panorama Nacional e Internacional, está organizado polo Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría.

A competición desenvolverase no coto de Xallas- Beba, regulado para a práctica da pesca sen morte, serán oito mangas de dúas horas de duración cada unha durante o venres e sábado. As 10 primeiras parellas de Deportistas obterán premio aportado polo patrocinadores do evento, as cinco últimas parellas clasificadas descenderán para dar paso a outras parellas que están praza na numerosa lista de espera.

III Open de Pesca A Spinning de Carnota

Open de Pesca a Spinning Carnota 2014

A Semana Santa de Carnota chega completa ca III Mostra Víndemo Ver, e coa II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT. Pero tamén co III Open de Pesca A Spinning, que organiza a ACDR O Patín. A cita séra o sábado 19 de abril, a inscrición é de 5€.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios