O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega

A semana pasada era o Corme o que festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso. E esta tocoulle o Xallas de Santa Comba celebrar un merecido título da 1ª Infantil. O equipo de Rupper, leva nos primeiros postos dende as primeiras xornadas, pelexando man a man co Fisterra. Clave foi a vitoria da xornada 20, a 6 para o remate, en Santa Comba ante o cadro fisterrán, pois a partir de aí o cadro xalleiro xa non perdoaría.

Necesitaba vencer na última xornada o equipo verde-laranxa, e vaia se non fallou. 1-11 endosouse a un Vimianzo que pagou os pratos rotos das ansias dos xalleiros de convertirse en campión e ocupar a única praza costeira da categoría na Fase de Ascenso á Liga Galega.

Con eles tifaremos para ver se podemos ter un representante máis na categoría autonómica, unha vez que parece que Dumbría infantil descenderá á liga comarcal, e o XSC cadete está en problemas. Esperemos que o cadro xalleiro poida coller o relevo do cadro dumbriés e que poida contar con dous equipos en autonómica.

Pero antes toca pensar na II Copa da Costa Infantil, que xa arrinca esta fin de semana.

Un planten de luxo

Un auténtico equipazo este XSC, gañando 20 partidos, empatando 3 e tan só perdendo un partido durante a liga. Os datos son moi bos cun total de 107 goles sendo o equipo máis goleador da categoría, e o menos imbatido con 26 goles en contra.

O capitán foi Samuel Castro, e o pichichi do equipo foi Rubén Sande con 23 goles. Ademais, o porteiro menos goleado do equipo e da competición foi Fabián Pérez.

Puido contar Rupper cun plantel de luxo nesta tempada 2014/15. Estes son os xogadores que participaron na liga:

  • Adrián Couto.
  • Adrián Mourelle.
  • Adrián Rodríguez.
  • Brais Blanco.
  • Brais Calo.
  • Brais Espasandín.
  • Brais García.
  • Brais Gesto.
  • Daniel Antelo.
  • Daniel Barreiro.
  • David Barbeira.
  • Elián Espasandín.
  • Fabián Amarelle.
  • Fabián Pérez.
  • Fernando Pensado.
  • Iago Mouro.
  • Iván Amarelle.
  • Ivan Tuñas.
  • Kevin Varela.
  • Miguel Sueiro.
  • Pablo Facal.
  • Raúl Antelo.
  • Rubén Sande.
  • Samuel Antelo.
  • Samuel Castro.
  • Víctor Espasandín.

E recordamos tamén os goleadores durante a liga foron estos:

  • Rubén: 23 goles.
  • Adrian R.: 19 goles.
  • Samu Castro: 13 goles.
  • Elián: 12 goles.
  • Fabián Amarelle: 12 goles.
  • Iago Mouro: 9 goles.
  • Brais : 7 goles.
  • Nando: 2 goles.
  • Víctor: 1 gol.
  • Dani: 1 gol.
  • Mou: 1 gol.
  • Calo: 1 gol.
  • Samu Antelo: 1 gol.
  • Pablito: 1 gol.

Novas relacionadas

I Copa da Costa cadete e infantil

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).